"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio limpar as chemineas de feluxe.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na baía de Algeciras, e que limita co territorio de Xibraltar (59.437 h [2001]). É un núcleo urbano de construción moderna, destaca como porto e centro comercial. A poboación activa moi influída polo territorio de Xibraltar dedícase principalmente á pesca e ás actividades industriais derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á liña.
-
Que ten forma ou segue un desenvolvemento semellante á liña recta.
-
Que está formado por liñas.
-
Que ten unha única dimensión.
-
Aplícase á ecuación diferencial que é lineal respecto á función incógnita e ás súas derivadas.
-
Aplícase á función, á ecuación ou ao sistema de ecuacións nos que interveñen só polinomios de primeiro grao, denominados lineais.
-
Sistema gráfico de escritura que se empregou en Creta no segundo milenio a C e testemuñado en diversas inscricións. Ofrece dous tipos: lineal A e lineal B. A escritura lineal A, que se considera que foi introducida en Chipre procedente de Creta, parece ser que é anterior a 1200 a C. Os seus caracteres coñécense co nome de chiprio-minoicos porque da súa evolución nace a escritura silábica chipriota. A escritura lineal B, descifrada en 1952 por Michael Ventris, co asesoramento de J. Chadwick, a partir duns milleiros de táboas encontradas en Knossos (Creta), en Pilos (Messenia), en Mecenas e en Tebas, foi a escritura da Grecia micénica. Escríbese de esquerda a dereita e consta duns noventa signos (cada un deles corresponde a unha sílaba), dunha colección de ideogramas ou signos que representan obxectos, seres humanos e animais, e dun sistema numérico de base decimal. Para a súa interpretación, Ventris partiu do estudo das diversas construcións gramaticais e intentou ler o...
-
-
-
lineal.
-
Aplícase á folla longa e estreita coas marxes case paralelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de lineal ou linear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de linearizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simplificar un problema substituíndo as expresións exactas por outras expresións aproximadas que sexan polinomios de primeiro grao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de transportes aéreos creada en 1931, cando o estado asumiu o control da sociedade da Compañía de Líneas Aéreas Subvencionadas, SA (CLASSA). Inaugurou a liña Madrid-Lisboa que, a través da liña Madrid-Barcelona, permitiu enlazar Lisboa co centro de Europa. Disolveuse en 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Carl von Linné e aos seus estudios.
-
PERSOEIRO
Pintor suízo. Traballou o óleo, o esmalte, o pastel e o debuxo, e cultivou a temática orientalizante, as escenas de xénero e o retrato. Da súa obra destaca o retrato de Madame d’Epinay e o da Condesa de Coventry.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Xúpiter que presenta un diámetro duns 30 km, un radio orbital de 11.720 km e un período orbital de 259,2 días. Foi descuberto en 1938 por Nicholson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento teatral estadounidense. A finais do s XIX e principios do s XX, comezou un movemento en EE UU de pequenos colectivos teatrais de carácter afeccionado que tiñan como finalidade acrecentar a vida cultural da comunidade. Cobrou relevancia coa creación do The Drama League (1909), coa publicación do traballo de Percy MacKaye, The Civic Theatre (1912), e coa incorporación do ensino e a práctica teatral á Universidade de Harvard. Propugnaron a lectura de textos, clases de iniciación ao teatro, lecturas dramatizadas e promoción de novos autores. A partir da década de 1920 estendeuse por todos os territorios de EEUU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada por Judith Malina e Julian Beck en 1948, coa que se iniciou a experiencia do movemento denominado Off-Off-Broadway, e na que se tentou establecer unha alternativa ao teatro comercial de Broadway e ao estancamento de Off-Broadway. Traballaron con textos de García Lorca, Pirandello, Cocteau e Bertolt Brecht, pero será cos espectáculos O camelo (1959), sobre un texto de Jack Gelber, e O calabozo (1963), a partir da obra homónima de Kenneth Brown, cos que fixaron a súa poética, moi influída polos escritos de Antonin Artaud. Os seus espectáculos máis notables foron Frankenstein (1965), Antígona (1967) e Paradise Now (1968). Trala morte de Julian Beck en 1985, a dirección recaeu en Judith Malina e Hanon Reznikov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro profesional creada en Moaña (1999) por Salvador del Río, A. Barreiro Warren, Fran Paredes e Santiago Cortegoso. Intentan, partindo de textos escritos, mesturar no seu traballo o humor coa tenrura, a emoción e a reflexión baseándose no traballo do actor, na presenza da música e a sinxeleza escenográfica. Produciron Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra, e O circo enmeigado, ou A amazona e os excéntricos, de Rafael Dieste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afán irresistible de falar que experimentan certas persoas enaxenadas.
-
PERSOEIRO
Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moverse unha cousa no lugar onde está fixada ou encaixada.
-
Andar cambaleándose.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada ao S de Los Angeles, á beira do Océano Pacífico (461.522 h [2000]). Ademais dun gran porto e unha praia de 11 km de lonxitude, ten refinerías de petróleo, industrias mecánicas e construcións aeronáuticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Essonne, Francia (19.864 h [1990]), situada ao S da rexión parisiense. Ten industrias farmacéuticas e cosméticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Foi nomeado secretario técnico da presidencia do goberno español (1956) e foi comisario do proxecto de desenvolvemento desde 1962. Ministro sen carteira desde 1965, foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 1973, pero cesou despois da reestruturación que se produciu a raíz do asasinato de Carrero Blanco, en decembro dese ano. Elixido deputado por Barcelona por Alianza Popular (1977), participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Catalunya (1978). En 1982 fundou o Club Conservador de Barcelona e foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e do Consello Internacional de Ciencias Sociais da UNESCO. Das súas obras destaca Política y desarrollo (1970), La larga marcha hacia la Monarquía (1977), El principio del fin (1992) e Claves de la Transición (1993).
VER O DETALLE DO TERMO