Living Theatre

Living Theatre
[ESPECT]

Compañía teatral creada por Judith Malina e Julian Beck en 1948, coa que se iniciou a experiencia do movemento denominado Off-Off-Broadway, e na que se tentou establecer unha alternativa ao teatro comercial de Broadway e ao estancamento de Off-Broadway. Traballaron con textos de García Lorca, Pirandello, Cocteau e Bertolt Brecht, pero será cos espectáculos O camelo (1959), sobre un texto de Jack Gelber, e O calabozo (1963), a partir da obra homónima de Kenneth Brown, cos que fixaron a súa poética, moi influída polos escritos de Antonin Artaud. Os seus espectáculos máis notables foron Frankenstein (1965), Antígona (1967) e Paradise Now (1968). Trala morte de Julian Beck en 1985, a dirección recaeu en Judith Malina e Hanon Reznikov.

Palabras veciñas

livica | lividez | lívido -da | Living Theatre | living* | Livingstone, David | Livio, Tito