Livio, Tito

Livio, Tito

Historiador romano. Membro dunha familia aristocrática, recibiu unha esmerada educación. Interesouse pola retórica e a filosofía, e escribiu diálogos morais. Trasladouse a Roma e cara a 27 a C iniciou a redacción dunha historia do pobo romano en 142 libros, desde a súa fundación ata a morte de Druso en 9 a C, denominada Ab Urbe condita. Con esta obra acadou a celebridade e a amizade do Emperador Augusto. Consérvanse só 35 libros, onde destacan os aspectos moralizantes e didácticos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Padua