Llu Llu Teatro

Llu Llu Teatro
[ESPECT]

Compañía de teatro profesional creada en Moaña (1999) por Salvador del Río, A. Barreiro Warren, Fran Paredes e Santiago Cortegoso. Intentan, partindo de textos escritos, mesturar no seu traballo o humor coa tenrura, a emoción e a reflexión baseándose no traballo do actor, na presenza da música e a sinxeleza escenográfica. Produciron Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra, e O circo enmeigado, ou A amazona e os excéntricos, de Rafael Dieste.