Lloyd’s Register of Shipping
Lloyd’s Register of Shipping
Sociedade máis antiga e importante de clasificación de navíos. Fundada en Londres (1834), fusionouse coa Unterwriters Registry for Irons Ships. Coa súa grande influencia creou un criterio de construción naval que se adiantou aos cambios e ao perfeccionamento da industria. Publica anualmente o seu rexistro e clasificación de barcos.