Lloyd’s

Lloyd’s

Institución aseguradora británica formada pola asociación de aseguradores individuais. Tivo a súa orixe nas reunións de comerciantes e negociantes marítimos no café aberto por Edward Lloyd en 1688, das que xurdiron os primeiros acordos de garantir, mediante o pago de primas, os riscos dos viaxeiros. Convertida en corporación (1871), non aceptou formas de seguro distintas das marítimas ata finais do s XIX e desde 1911 subscribiu todo tipo de seguros, coa excepción dos de vida.