"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que ou quen predetermina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que predica.

    2. Que ou quen fala en prol dunha nova seita ou doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de predominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que predomina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás prefanerógamas.

    2. Planta do grupo das prefanerógamas.

    3. Grupo de espermatófitas primitivas que inclúen a antiga clase das pteridospermas, e as ordes das cordaitais e das ginkgoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gramalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia dunha estrutura perceptiva que prevalece sobre outra, segundo a escola da psicoloxía da forma. Como regra xeral, as estruturas simples e regulares prevalecen sobre as asimétricas e incompletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esterol derivado da proxesterona que é excretado nos ouriños, mentres funciona o corpo lúteo, na segunda fase do ciclo ovulatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado do que deriva formalmente toda unha serie de esteroides hormonais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Fundador de Ollomol Teatro Submarino e Ollomoltranvía, participou en diversas montaxes do Centro Dramático Galego. Ademais, actuou na curtametraxe El río tiene manos (2000), nas series Pratos combinados, A Familia Pita, Mareas Vivas e Terras de Miranda, da TVG. Compañeros, de Antena 3 e Hospital Central, de Tele 5 e nas longametraxes Martes de Carnaval (1991), Sé quien eres (2000), O lapis do carpinteiro (2002) e Ilegal (2002). Son múltiples as interpretacións en teatro entre as que destacan Mozart e Salieri (1987), Don Hamlet (1992), Raíñas de Pedra (1994), Qui Pro Quo (1998), Monólogo do imbécil (2002) e A Comedia do Gurgullo (2003). Entre os seus traballos máis recentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Durante a mocidade entrou en contacto co círculo artístico e literario de Vicente Risco e asistiu aos seus parladoiros con asiduidade. Formouse en maxisterio e exerceu como docente durante dous anos en San Mamede de Urrós (Allariz), onde desenvolveu o seu grande interese pola vida do campo e onde xermolaron as características da súa obra. En 1935 regresou a Ourense e tras o estalido da Guerra Civil Española (1936), incorporouse ao exército ata 1942. Ao ano seguinte foi expulsado do corpo de mestres por razóns políticas, polo que desde entón se dedicou en exclusividade á pintura. Partiu dun realismo íntimo de corte popular, para definirse posteriormente como un expresionista de técnica empastada. Interesouse pola obra de Rembrandt e Cézanne, que lle resultou sorprendente pola súa visión da natureza. Tras os seus primeiros traballos en acuarela e debuxo (Desnudo, Maternidad), desenvolveu unha obra caracterizada pola diversidade temática. A comezos da década de 1970,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Principal representante do modernismo en Bohemia, partiu do simbolismo alegórico e utilizou cores escuras, con preferencia violetas, animadas por brancos atenuados. Das súa obra destacan Os namorados e O lago negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen preitea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. De nome Shrivastar Dhanpatran, cultivou a súa obra, ambientada na India tradicional, en hindi e urdu. Cómpre salientar a novela Godan (1936) e os oito volumes de narracións de Mansarovar (O lago sagrado, 1936-1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario outorgado pola entidade bancaria Caixanova e dirixido a autores de textos poéticos. Convocado por vez primeira en 2002, constitúe o premio poético de maior dotación económica de Galicia. Foron galardoados Xavier Seoane, con Dársenas do ocaso (2003), María do Cebreiro, con Non queres que o poema te coñeza (2004) e Román Raña con A metamorfose do túnel (2005), que se incluíron na colección Arte de Trobar, editada por Caixanova e o PEN Club de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario instituído en 1974 co propósito de honrar a obra literaria completa dun escritor en lingua castelá e que constitúe o galardón máis importante da literatura castelá. A Real Academia Española, as academias doutros países hispanos e os premiados en edicións anteriores encárganse da presentación dos candidatos. Jorge Guillén (1976), Jorge L. Borges (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Miguel Delibes (1993), Camilo J. Cela (1995) e Rafael Sánchez Ferlosio (2004) foron algúns dos premiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual que concede a Fundación Fernández Latorre desde 1959, dirixido a aqueles artigos con referencias a Galicia aparecidos en calquera medio de comunicación, tanto nacional como estranxeiro. Entre 1997 e 2002 ampliouse a tres premios nas modalidades de prensa, radio e televisión, e medios audiovisuais, aínda que en 2003 volveu novamente ao apartado de prensa escrita. O primeiro galardoado foi Miguel González Garcés, autor do ensaio “El Ser de Galicia” (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado e concedido anualmente polo Ministerio de Educación co obxecto de recoñecer o labor daqueles escritores destacados no campo da literatura infantil e xuvenil. Creado en 1978, con este premio preténdese estimular a produción literaria de calidade que poida axudar a fomentar os hábitos de lectura entre rapaces. A primeira gañadora foi Montserrat Amo, con El Nudo (1978). Os autores galegos galardoados foron Paco Martín, con Das cousas de Ramón Lamote (1986), Xabier Docampo, con Cando petan na porta pola noite (1995), e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos de Lúa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario anual creado polo editor José Manuel Lara en 1952 coa intención de promocionar a obra de autores en lingua castelá. Dotado coa maior contía económica dos que se entregan en España, constitúe un dos máis relevantes do panorama da novela hispánica. Ao primeiro galardoado, Juan J. Mira (1952) seguíronlle, entre outros, Ana Mª Matute (1954), Luis Romero (1963), Ángel Mª de Lera (1967), Joan Marsé (1978), G. Torrente Ballester (1988), Camilo J. Cela (1994) ou Lucía Etxebarría (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo francés. Foi o primeiro que lle atribuíu ao corpo lúteo do ovario unha función glandular (formación de proxesterona).

    VER O DETALLE DO TERMO