"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de comunicación fundado en 1909 por Torcuato Luca de Tena a partir do xornal ABC. De carácter familiar, o grupo estableceu outras sociedades ao redor do xornal expandindo os seus intereses coa adquisición do 1% do Grupo Correo (1998) e do 30% do Grupo Negocios (1999). Constituído como holding (2000), dividiuse en catro sociedades para xestionar ABC, os intereses do grupo nos xornais locais e rexionais (Mediateca), os negocios da radio, TV, multimedia e Internet (E-Media) e Globalia, encargada da publicidade dos medios do grupo. En setembro de 2001 o grupo, baixo a presidencia de Nemesio Fernández-Cuesta Luca de Tena, incorporouse ao Grupo Correo, pasando a denominarse Vocento a partir de maio de 2003.
-
VER O DETALLE DO TERMO
. Que constitúe motivo de preocupación
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de preponderante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que prepondera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao período artístico anterior ao románico que comprende diversas formas e solucións artísticas e estruturais. Estendeuse desde Carlomagno ata a introdución do románico (ss IX e X), pero pode incluír a arte dos séculos precedentes desde antes da disolución do Imperio Romano de Occidente (s V). Presentou as variantes ostrogoda, lombarda, merovinxia, saxoa, visigoda, carolinxia, otónica, viquinga e irlandesa. Segundo os países, pódense atopar varias solucións artísticas, as de maior personalidade agrúpanse baixo as denominacións de arte carolinxia, asturiana e mozárabe, as dúas últimas na Península Ibérica. A arte carolinxia, de clara vontade monumentalista, ten as súas fontes na arte da antigüidade romana tardía e bizantina, como a capela palatina de Carlomagno en Aquisgrán (790-805). A arte asturiana, propia da monarquía asturiana, é unha reinterpretación das formas do mundo hispánico, romano tardío e visigodo. Destacan San Julián de los Prados (791-842), Santa María del Naranco...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é anterior á época romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica, artística e literaria que apareceu en Europa durante a segunda metade do s XVIII e na que agromaron as ideas que levaron ao romanticismo. Caracterizouse pola volta ás orixes, sexa aos clásicos, aos nórdicos ou á natureza, e ao sentimento, fronte ás academias e aos racionalismos. Das orixes clásicas grecorromanas partiron os principios da burguesía ascendente; as orixes nórdicas expresáronse na plástica pola volta á arte gótica; e a natureza expresouse plasticamente coa pintura de paisaxes e a moda dos xardíns de estilo inglés. No ámbito literario déronse ademais as características de revolta, desesperación e melancolía, dentro dunhas tendencias formais que se aproximaban a posturas clásicas. Estas actitudes manifestáronse, en Inglaterra e Escocia, na obra de J. Thomson, Young, Richardson, nos pretendidos poemas de Ossián, publicados por Mcpherson, e nos poemas de Th. Gray, W. Collibs, W. Blake e R. Burns. Nos países xermánicos, baixo o influxo dos ingleses, de Diderot...
-
-
Relativo ou pertencente ao prerromanticismo.
-
Seguidor do prerromanticismo.
-
-
MACIZO
Macizo (3.564 m alt) situado en Italia que, xunto co de Adamello (3.554 m alt), constitúe un dos principais núcleos montañosos dos Alpes Réticos Meridionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é santificado ou consagrado por adiantado.
-
Liturxia de comuñón, semellante a unha misa (pero sen consagración), para facilitar aos fieis a participación na eucaristía os días alitúrxicos en que non está permitida a celebración da misa. Comúngase con hostias consagradas anteriormente. En Occidente está restrinxida ao Venres Santo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento xurdido dentro do protestantismo que acentuou a forma de organización eclesiástica desenvolvida por Xoán Calvino e outros reformadores do s XVI, distinta da corrente episcopaliana e do congregacionalismo. De acordo coa doutrina calvinista, a organización eclesiástica ten tres niveis: comunitario ou parroquial, no que a administración está a cargo da xunta de goberno ou consello, encabezada por un pastor e algúns laicos elixidos; sinodal, formado polos pastores dunha mesma rexión e un ancián por cada parroquia; e a asemblea xeral, constituída por igual número de pastores e anciáns que gobernan todas as comunidades presbiterianas. Os actos litúrxicos que se desenvolven son o canto, a lectura e comentario das Sagradas Escrituras, e a pregaria. En 1877 constituíuse a Alianza Presbiteriana Universal que agrupa todas as igrexas presbiterianas.
-
-
Relativo ou pertencente ao presbiterianismo.
-
Membro dunha igrexa presbiteriana.
-
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de Historia Antiga na Universidad de Sevilla. Participou na escavación de ‘Aswān en Exipto e en 1971 descubriu a Dama de Baza. Publicou, entre outras obras, El arte del antiguo Egipto (1989), Egipto durante el imperio nuevo (1989), La necrópolis de Baza (1982) e La España bizantina (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta esloveno. Autor de numerosos sonetos, reunidos na súa obra mestra, Coroa de sonetos (1832), e do poema épico Krst pri Savici (Bautismo na Savica, 1836), contribuíu á creación da moderna lingua literaria eslovena.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elegancia ou distinción nos modais ou nos movementos.
-
Calidade ou excelencia entre os da súa clase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten prestancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Influencia do exército sobre o estado. O corpo dos pretorianos romanos interveu decisivamente en diversas ocasións no desenvolvemento da historia do imperio. Entre os seus actos cóntase o asasinato de Calígula e o nomeamento de emperadores como Claudio e Otón.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pretor.
-
dereito pretoriano
Parte do ius honorarium (dereito honorario) creado polos maxistrados que estaba formado polos editos pretorianos outorgados para corrixir ou ampliar o ius civilis (dereito civil).
-
edicto pretoriano
Edito que promulgaba o pretor ao acceder ao seu cargo no que indicaba as normas que ía seguir no seu goberno.
-
familia pretoriana
Familia que tivo un pretor entre os seus membros.
-
porta pretoriana
Porta que nos campamentos romanos se situaba ao inicio da vía pretoriana.
-
provincia pretoriana
Provincia romana gobernada por un pretor.
-
vía pretoriana
ía principal do campamento romano que se cruzaba coa quinta e que o dividía en catro partes. Estendíase desde a porta pretoriana ata a decumana.
-
-
Que ou quen formaba parte do corpo de garda do comandante do exército romano e, posteriormente, da garda persoal dos emperadores romanos, baixo o nome de garda pretoriana.
-
Que ou quen pertence ao corpo de garda dun persoeiro importante.
-
-
PERSOEIRO
Político sudafricano. Fundou a República de Natal, despois de aniquilar os zulús na Batalla de Blood River (1838). Anexionado este estado por Reino Unido, fracasou no seu intento de independizar Orange (1848), pero conseguiu facelo co Transvaal (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Famoso polas súas novelas O sol da morte (1960), A cabeza de Medusa (1964) e O pan dos anxos (1966), editou as cartas que lle enviou o seu mestre N. Kazandzakis.
VER O DETALLE DO TERMO