presbiterianismo

presbiterianismo

(

s m [RELIX]

Movemento xurdido dentro do protestantismo que acentuou a forma de organización eclesiástica desenvolvida por Xoán Calvino e outros reformadores do s XVI, distinta da corrente episcopaliana e do congregacionalismo. De acordo coa doutrina calvinista, a organización eclesiástica ten tres niveis: comunitario ou parroquial, no que a administración está a cargo da xunta de goberno ou consello, encabezada por un pastor e algúns laicos elixidos; sinodal, formado polos pastores dunha mesma rexión e un ancián por cada parroquia; e a asemblea xeral, constituída por igual número de pastores e anciáns que gobernan todas as comunidades presbiterianas. Os actos litúrxicos que se desenvolven son o canto, a lectura e comentario das Sagradas Escrituras, e a pregaria. En 1877 constituíuse a Alianza Presbiteriana Universal que agrupa todas as igrexas presbiterianas.

Palabras veciñas

présbita | presbiterado | presbiteral | presbiterianismo | presbiteriano -na | presbiterio | presbítero