presbítero
presbítero
(< lat tardío presbytĕre< gr πρεσβύτερος)
-
s
m
[RELIX]
Eclesiástico que recibiu a orde do presbiterado para exercer, en comuñón co propio bispo, o ministerio eclesiástico nunha comunidade de crentes. A súa orixe non está no sacerdocio, senón na institución dos presbíteros da primitiva comunidade cristiá e ten como misión primordial presidir a celebración da eucaristía.
-
s
m
[RELIX]
Sacerdote dunha relixión cristiá non católica.