presbiterio
(< lat presbyterĭu
-
s
m
[ARQUIT/RELIX]
Parte da igrexa situada ao fondo da nave central, na cabeceira, onde se sitúa o altar maior e reservada aos cregos. Nas igrexas derivadas da basílica, atópanse nel os sitiais do bispo e dos presbíteros. A separación do resto da nave márcase con reixas, varandas, balaustradas, chanzos, cortinas ou iconostasios.
-
s
m
[RELIX]
Conxunto de todos os presbíteros dunha Igrexa presididos polo bispo. As igrexas cristiás do s I rexíanse de diferentes maneiras; as xudeo-cristiás, sobre todo, continuaron co sistema presbiteral propio de Israel. No s II impúxose a forma monárquica: o bispo ordenaba colaboradores, denominados tamén presbíteros, co que se orixinou o presbiterio diocesano. O Concilio Vaticano II rehabilitou, con nova visión pastoral, o consello presbiteral diocesano: bispo e presbíteros forman unha unidade real de ministerio.
-
s
m
[RELIX]
Consello de anciáns, pastores e laicos, entre os presbiterianos.