"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Animal fabuloso representado por unha serpe cunha cabeza en cada extremidade do corpo.
-
Tipo de verso con encabalgamento que encerra unha oposición de sentido: o estatismo da primeira parte do verso fronte ao movemento da segunda parte.
-
-
-
Que pertence á familia dos anfisbénidos.
-
Réptil da familia dos anfisbénidos.
-
Familia de réptiles lepidosauros que comprende a individuos de corpo serpentiforme, carentes, polo xeral, de patas e de ollos. Viven en galerías situadas debaixo da terra. Son propios das rexións cálidas de América, Asia e África. En Europa só habita unha especie, o escáncer cego.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno verme plano, parasito dos bóvidos que vive no seu fígado ou estómago nalgunha fase do seu ciclo vital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos fungos que orixinan esporas con dous núcleos, un deles positivo e o outro negativo, que ao xerminar producen micelios con dúas clases de células, o que lles permite unirse por peritogamia coma se fosen homotálicos.
-
-
Edificio romano no que se celebraban diferentes espectáculos públicos. Aquí tiñan lugar as loitas de gladiadores, os xogos venatorios con animais salvaxes, as loitas de homes desarmados con feras (que a miúdo se convertían en execucións en masa) e, con menos frecuencia, había simulacións de combates navais. Era un edificio de planta elíptica, cun espazo central, area, e unha serie de bancadas que o rodeaban, cavea, separadas por un muro, podium, e ás veces por un foso. Tipicamente romano, só se podían atopar nas cidades máis importantes. Un dos máis antigos que se conservan é o de Pompeia (s I a C). A maior parte deles foron construídos durante o Alto Imperio (ss I-III d C). O maior é o Coliseo, en Roma. Son tamén importantes os de Nimes e Arles (Francia), o de Verona (Italia), o de Pula (Croacia), o de El-Djem (Tunicia) e os de Mérida, Itálica, Tarragona e Segóbriga na Península Ibérica.
-
-
Nun teatro moderno, conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.
-
Público que ocupa estes asentos.
-
-
Aula con asentos colocados en bancadas dispostas de forma semicircular.
-
-
Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.
-
anfiteatro de moreas
Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial. Ten unha altura que pode oscilar entre uns poucos metros e os 40 ou 50 m. O anfiteatro ou vallum de moreas presenta habitualmente un perfil disimétrico, cunha vertente interna abrupta e unha vertente exterior cunha pendente pouco pronunciada e que se une, auga abaixo, cos depósitos fluvioglaciais.
-
-
Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.
-
-
-
Capa externa do primordio do esporanxio dos briófitos.
-
Bordo do talo que envolve o disco dos apotecios lecanorrinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos membros dunha anfitionía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liga de doce cidades estado gregas organizadas ao redor dun santuario, recoñecido por todos como a cabeza e a protección divina destas. A liga administraba o santuario, organizaba os xogos e arbitraba conflitos entre os seus membros. Foi a orixe do panhelenismo, das guerras sagradas e da intervención macedónica. Orixinariamente era unicamente o santuario de Deméter, en Antela (Tesalia). Reunía os tesalonicenses, os beocios, os dóricos, os xónicos, os locrenses, os aqueos de Ftiótide, os focenses, os dólopes, os magnesios e a outros pobos. Houbo outras anfitionías, como a de Xonia, arredor do templo de Posidón, e a de Dóride, arredor do de Apolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pertencente ou relativo ao anfictión ou á anfitionía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso fotográfico de mediados do s XIX, que empregaba un negativo de albumina sobre cristal, observada por reflexión preparada sobre un fondo negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fanzine nado na Coruña e Vigo en 1990 e subtitulado “No recomendado para menores de 18 centímetros”. Este cómic presentaba guións de Armando Teijeiro López con debuxos de Xavier Rico Ascariz e Iñaki Velasco Martínez. Incluía ademais poesía e prosas poéticas. Tocaba tamén temas anticlericais e sexuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do ser unicelular provisto de cilios ou flaxelos nos dous extremos do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe e tema literario orixinado a partir dunha lenda tebana na antiga Grecia, se ben é certo que a primeira versión que se consegue pertencía ao latino Plauto. Anfitrión foi á guerra para vingar a morte dos irmáns da súa muller, Alcmena. Durante a súa ausencia, Xúpiter adopta o seu aspecto e goza así dos favores da súa dona. No Renacemento descóbrese de novo a peza de Plauto. Tanto Camões (1540) como Timoneda (1559) reelabórana en cadansúa comedia. Molière fixo unha versión de estilo lixeiro e brillante no ano 1668.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten convidados e os trata con especial magnificencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega de orixe prehelénico considerada unha das nereidas. Filla de Océano e dona de Posidón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do embrión dunha planta que corresponde a un primordio seminal campilótropo.
-
-
Que pertence á familia dos anfiúmidos.
-
Anfibio da familia dos anfiúmidos.
-
Familia de anfibios urodelos integrada por individuos de corpo grande e cilíndrico, angüiliforme, recuberto dunha secreción mucosa e de patas moi reducidas. Viven nas lagoas e nos ríos dos EE UU. O principal xénero da familia é Amphiuma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos gránulos do citoplasma celular que fixan tanto os colorantes ácidos como os básicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electrólito anfótero que pode existir en forma de anión, de catión e, no punto isoeléctrico, de zwitterión.
-
-
-
Vasilla cerámica de gran tamaño, sempre con dúas asas, moi empregadas na Antigüidade para conservar e transportar alimentos sólidos e líquidos. Aínda que o uso das ánforas estivo moi difundido durante a época romana, tamén existiron entre os tipos cerámicos gregos, púnicos, etc. Os tipos gregos máis antigos presentaban curva continua en ombreiro e corpo, mentres que nos exemplares máis modernos e nos romanos diferéncianse a parte alta da ánfora (colo e bico) do resto do corpo da vasilla. En Grecia hai que distinguir a ánfora corrente da ánfora fina, pintada, especialmente as ánforas panatenaicas que se ofrecían aos vencedores das panateneas. Ao longo do Imperio Romano, debido ao seu uso masivo, foron moitos e diferentes os tipos de ánforas que se produciron; os exemplares rematados en pivote empregábanse, preferentemente, para almacenaxe...
-
ánfora panatenaica /
Recipiente que, cheo de aceite, se lle entregaba ao atleta vencedor nalgunha proba das festas panatenaicas a modo de premio polo seu triunfo. A maioría delas están decoradas con figuras negras, mesmo as dos séculos V e IV a C, cando xa non se empregaba este tipo de decoración nas vasillas.
-
-
Medida de capacidade para líquidos utilizada polos gregos e polos romanos con valores diferentes: a ánfora grega equivale aproximadamente a 40 litros; a ánfora romana equivale, tamén aproximadamente, a 26’5 litros.
-
Xerras que empregan os bispos para consagrar os óleos.
-