"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Primeiro director da Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, foi o autor do edificio da Universidad de Zaragoza (1849) e do palacio do Congreso de los Diputados de Madrid (1843). En Madrid reformou o convento do Noviciado (1845), restaurou San Jerónimo el Real e fixo os palacios de Béjar, Vista Alegre e o do marqués de Salamanca (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos epónimos que, na tradición sacerdotal do Pentateuco, forman as dúas xenealoxías de dez nomes que van desde a creación ao diluvio e deste a Abrahán; sobre todo Abrahán, o seu fillo Isaac, o fillo deste Xacob, e os fillos deste, epónimos das doce tribos de Israel.

      2. Título dado antigamente aos bispos das cinco sés máis importantes do Imperio Romano e que se outorga aos xefes das igrexas orientais e honorificamente a algúns bispos da Igrexa Católica. Comezou a utilizarse a partir do Concilio de Calcedonia (451), en que foron organizados definitivamente os cinco patriarcados de Roma, Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xerusalén. As xurisdicións e dereitos sobre os territorios asignados, quedaron codificados na lexislación de Xustiniano, pero xa anteriormente (325) os bispos de Roma, Antioquía e Alexandría exercían as funcións sen ter o título. Co monofisismo instaurouse un dobre patriarca en Alexandría e Antioquía, e con ocasión do monotelismo os maronitas fundaron un propio. A independencia das diversas igrexas ortodoxas fixo que o título fose dado a algúns dos seus líderes. Dentro do catolicismo e desde os últimos séculos, a cabeza de cada un dos ritos recibiu de Roma a dignidade patriarcal con algúns poderes. No rito latino o título considérase...

    1. Persoa que pola súa autoridade ou sabedoría goza dunha grande autoridade moral ou de veneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dignidade ou cargo de patriarca.

      2. Época e duración do goberno dun patriarca.

      3. Territorio sometido á xurisdición dun patriarca. O Concilio de Nicea (325) recoñeceu a tripla xurisdición de Roma sobre Italia, de Alexandría sobre Exipto e Libia, e de Antioquía sobre Asia Menor. O Concilio de Calcedonia (451) sostivo a Palestina en Antioquía para confiala ao patriarcado de Xerusalén e deu ao patriarcado de Constantinopla a xurisdición sobre Asia, Tracia e o Ponto, e así organizou a cristiandade na pentarquía. Os límites actuais dos patriarcados corresponden aínda aos antigos, se ben as diversas escisións crearon un desdobramento de xurisdicións en cada unha das antigas sés patriarcais.

    1. Sistema político-xurídico segundo o que os fillos entran a formar parte do grupo ao que pertence o pai e toman nomes, dereitos e poderes que transmiten ao descendente ou descendentes máis inmediatos e directos en liña masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao patriarca ou ao patriarcado.

    2. Que goberna ou exerce a súa autoridade con benevolencia e sinxeleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Está constituído por unha cámara poligonal de case 2 m de diámetro, da que se conservan seis lousas chantadas e inclinadas cara ao interior, unha tampa moi grosa fracturada e caída sobre a cámara, e un corredor difícil de identificar e orientado cara ao leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Santiago de Compostela 1880 - A Coruña 1950) Mestre. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1894-1897) e na de Madrid (1897-1898). Desde o curso 1902-1903 foi mestre da escola pública da rúa do Socorro, na Coruña e, pouco despois, da escola de nenos da rúa Orzán, ata o ano 1950. Centrou o seu labor docente no estudo do neno e na acción educativa nas distintas situacións e, neste sentido, participou no programa de clases nocturnas para obreiros, organizadas pola Escuela Popular Gratuita. Desde 1903 formou parte da organización das colonias escolares da Lagoa, nas Mariñas, e, desde 1906 dirixiu as Colonias Escolares de Niños Pretuberculosos. Ademais, a súa acción escolar completouse coa participación e dirección pedagóxica, compartida con X. R. García Niebla, do Patronato Local de Colonias, e coa colaboración na FETE e na Institución Vanguardia Pedagógica. En 1912, a través da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santisteban del Puerto, Jaén 24.6.1904 - Lugo 19.9.1989) Historiador. Escribiu varias obras sobre temas históricos, arqueolóxicos e artísticos. Colaborou en varias publicacións lucenses, como o Boletín de la Comisión de Monumentos, e das súas obras destacan La antigua catedral de san Martín de Mondoñedo-Foz (1952), Lugo monumental y artístico (1970) e Lugo en sus orígenes (1984). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo estadounidense. Dedicouse a examinar os conceptos básicos de álxebra, matrices, probabilidades (onde estableceu o criterio ao que lle deu o seu nome) e outros. Como astrónomo estudou as perturbacións de Urano e Neptuno e os aneis de Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e científico estadounidense, fillo de Benjamin Peirce. Editou e ampliou a obra de seu pai, Linear Associative Algebra (1882), e tamén Studies in Logic, de diversos membros da John’s Hopkins University. Está considerado como un dos fundadores do pragmatismo e a súa obra recolleuse no libro Collected Papers of Charles Sanders Peirce (1931-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Observador meteorolóxico. Foi instrutor de voo de Aviación Civil e instrutor e inspector de Mercancías Perigosas da Federal Aviation Administration en EE UU. Desde 1986 realiza as predicións meteorolóxicas na TVG. Escribiu Guía meteorológica del Camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Feás (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NO da parroquia de Lamas de Campos (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 768 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cernado (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.428 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso que se estende en dirección SO-NL polo límite dos concellos de Rodeiro, Taboada e Chantada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa situada entre os concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe. O seu cumio, o alto de Rascabolos, acada os 300 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia de Beariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 539 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia dos Remedios (Mondoñedo). O seu cumio acada os 738 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora e escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou belas artes na Academia de San Fernando en Madrid. A súa actividade literaria centrouse na poesía, se ben tamén escribiu teatro e colaborou con diversas publicacións con artigos sobre arte e literatura, especialmente da obra de R. Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro. Publicou os poemarios Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), en que contrapón o mundo rural ao urbano e onde o amor, a terra e a morte son os temas principais; e O santuario intocable (1992), con algúns elementos mitolóxicos. Ademais, traduciu unha escolma de poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) e publicou as pezas teatrais A volta de Edipo (Premio Abrente de Teatro, 1974) e Algún deus está a soñar. Foi galardoada nos Xogos Minervais de Santiago de Compostela (1970) e nos III Xogos Florais Populares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador e primeiro rei (632?-654) do Reino de Mercia. Someteu Cheshire, Shrophire e Herefordshire. Morreu na Batalla de Winwaed, enfrontado a Oswy de Northumbria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da pentarquía púnica.

    VER O DETALLE DO TERMO