patriarca
(
-
s
m
[RELIX/HIST]
-
Cada un dos epónimos que, na tradición sacerdotal do Pentateuco, forman as dúas xenealoxías de dez nomes que van desde a creación ao diluvio e deste a Abrahán; sobre todo Abrahán, o seu fillo Isaac, o fillo deste Xacob, e os fillos deste, epónimos das doce tribos de Israel.
-
Título dado antigamente aos bispos das cinco sés máis importantes do Imperio Romano e que se outorga aos xefes das igrexas orientais e honorificamente a algúns bispos da Igrexa Católica. Comezou a utilizarse a partir do Concilio de Calcedonia (451), en que foron organizados definitivamente os cinco patriarcados de Roma, Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xerusalén. As xurisdicións e dereitos sobre os territorios asignados, quedaron codificados na lexislación de Xustiniano, pero xa anteriormente (325) os bispos de Roma, Antioquía e Alexandría exercían as funcións sen ter o título. Co monofisismo instaurouse un dobre patriarca en Alexandría e Antioquía, e con ocasión do monotelismo os maronitas fundaron un propio. A independencia das diversas igrexas ortodoxas fixo que o título fose dado a algúns dos seus líderes. Dentro do catolicismo e desde os últimos séculos, a cabeza de cada un dos ritos recibiu de Roma a dignidade patriarcal con algúns poderes. No rito latino o título considérase puramente honorífico e dáse tradicionalmente a arcebispos dalgunhas sés que por diversas razóns o posúen, como Venecia ou Lisboa.
-
-
s
m
Persoa que pola súa autoridade ou sabedoría goza dunha grande autoridade moral ou de veneración.