Patria Gallega, La

Patria Gallega, La
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de marzo de 1891. Cesou o 15 de xaneiro de 1892. Subtitulada “Boletín-revista. Órgano oficial de la Asociación Regionalista”, editouse quincenalmente baixo a dirección de Alfredo Brañas e promovido por esta sociedade. A publicación xurdiu co gallo dos Xogos Florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, momento en que se fundou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por M. Murguía. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba un grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Pode considerarse como unha das publicacións máis destacadas da época.

Palabras veciñas

Patria | Patria Galega | Pátria Galega | Patria Gallega, La | Patria Gallega, La | patriarca | patriarcado