Penas García, Ánxeles

Penas García, Ánxeles

Profesora e escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou belas artes na Academia de San Fernando en Madrid. A súa actividade literaria centrouse na poesía, se ben tamén escribiu teatro e colaborou con diversas publicacións con artigos sobre arte e literatura, especialmente da obra de R. Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro. Publicou os poemarios Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), en que contrapón o mundo rural ao urbano e onde o amor, a terra e a morte son os temas principais; e O santuario intocable (1992), con algúns elementos mitolóxicos. Ademais, traduciu unha escolma de poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) e publicou as pezas teatrais A volta de Edipo (Premio Abrente de Teatro, 1974) e Algún deus está a soñar. Foi galardoada nos Xogos Minervais de Santiago de Compostela (1970) e nos III Xogos Florais Populares da Coruña (1981).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Teixeiro, Curtis