"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista brasileiro. En 1920 trasladouse coa súa familia a Belo Horizonte, licenciouse en Farmacia e logo ocupou diversos cargos ligados á área de educación e cultura. Foi colaborador dos xornais Diário de Minas, Minas Gerais, Diário da Tarde, A Tribuna, A Manhã, Correio da Manhã e Folha Carioca. A súa obra, vangardista na literatura brasileira, caracterízase pola mestría construtiva e polo humor inciso. Destacan as súas obras Alguma poesia (1930), Brejo das almas (1934), Sentimento do mundo (1940), Poesias (1942), A rosa do povo (1945), Contos de aprendiz (1951), Lição de coisas (1962), Caminhos de João Brandão (1970), As impurezas do branco (1973), A paixão medida (1980), Corpo (1984) e Farewell (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente obreiro. De profesión tipógrafo, fundou en Palma de Mallorca a Societat Tipogràfica de Mallorca que presidiu ata 1883, cando se trasladou a Barcelona. Militou no movemento socialista e foi un dos fundadores da Unión General de Trabajadores (UGT) e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tornar doce ou máis doce algo.
-
Facer que algo sexa máis suave, agradable ou grato.
-
Tornarse doce ou máis doce algo.
-
Facerse algo máis suave, agradable ou grato.
-
-
-
-
Facer dobre unha cousa.
-
Facer un segundo exemplar ou copia de algo.
-
-
Multiplicar unha cousa por dous.
-
Contestar unha dúplica.
-
Aumentar dúas veces algo ou facelo máis numeroso do que era.
-
Converterse unha cousa en dobre.
-
Multiplicarse unha cousa por dous.
-
Facerse máis grande do que era.
-
-
PERSOEIRO
Actor. Co grupo de Teatro Minerva participou en espectáculos a partir de obras de Eugène Ionesco, Jean-Baptiste Poquelin Molière ou Federico García Lorca. Participou tamén co grupo Teatro Galileo en diferentes espectáculos, como O xardín dos contos (1993); Trasnos (1995), baseado en textos de Rafael Dieste; Nenerías (1996); ou Descubrir a lectura (1994). Para televisión destacou o seu papel protagonista en A familia Pita e Galicia Exprés. No terreo do cine participou nas longametraxes Nena (1998), de Xavier Bermúdez; Sei quén es (2000), de Patricia Ferreira; ou O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico. Foi un dos creadores da Escola de Barcelona. Dirixiu Cada vez que... (1967) e Liberxina 90 (1970), pero os problemas coa censura fixéronlle abandonar a realización e entón exerceu tarefas de produción. Foi fundador do Instituto de Cine Catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Cursou estudios universitarios en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidad de Madrid. Exerceu a docencia na St. Giles School of languages de Londres e foi redactor radiofónico da BBC. Colaborador de distintas publicacións, fundou o Grupo de Traballo Galego de Londres (1970) e cofundou a revista Emigrante. Publicou as obras Qué tal, Pepito? (1968), Poemas do non (1975) e A teima (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de cartas de dous xogadores. Cada un ten cinco cartas que, de común acordo, poden substituír por outras. O que fai máis bazas en cada man anota un punto, así como tamén o que ten un rei de mostra. Gaña o xogador que consegue primeiro cinco puntos.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi discípulo de Roland de Lassus. Deixou escritas cancións a catro e cinco voces e a obra Geistliche Lieder auf den Choral (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo australiano. Estudiou medicina nas universidades de Melbourne e Oxford, na que obtivo o doutoramento en 1929. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Otago, na Universidade Nacional australiana en Camberra e na Universidade de Nova York. Investigou amplamente o mecanismo das actividades nerviosas, especialmente os fenómenos de excitación e inhibición do sistema nervioso central. Obtivo o primeiro rexistro da resposta eléctrica á excitación dunha célula nerviosa individualizada empregando microelectrodos intracelulares. Os seus estudios deron lugar ao recoñecemento dos niveis presináptico e postsináptico dentro do fenómeno de inhibición, e evidenciaron a intervención de axentes químicos farmacodinámicos na transmisión de impulsos ao longo do sistema nervioso central. En 1963 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con A. L. Hodgkin e A. F. Huxley polos seus descubrimentos sobre a electrofisioloxía da neurona. É autor, entre outras, de Neurophysiological Basis...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de observación da posición, a constitución e as funcións das cavidades cardíacas e das válvulas, por medio da ecografía. Emprégase principalmente para a diagnose de valvulopatías, tromboses intracardíacas, defectos do tabique, estado funcional do miocardio e patoloxía pericárdica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico, nunha pantalla de raios catódicos, da imaxe que se obtén por ecocardiografía.
-
-
Relativo ou pertencente ás ectocarpais.
-
Alga da orde das ectocarpais.
-
Orde de algas, da clase das feófitas, caracterizadas por conservar modelos estruturais antigos, co talo pouco especializado e formado por filamentos uniseriados ramificados, de crecemento difuso, que constitúe un penacho filamentoso ou cotras postradas que non superan os 25 cm de lonxitude. O ciclo vital alterna xeracións isomórficas, aínda que nalgúns casos existen lixeiras variacións, entre ambas as xeracións, en canto ao tamaño. Os xéneros máis comúns son: Ectocarpus, Giffordia, Pilayella e Ralfsia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas, de filamentos sinxelos, constituídos por células cilíndricas lixeiramente inchadas, provistas de cloroplastos en cadeas ramificadas. O ciclo vital presenta anisogamia funcional: os gametos femininos, que se fixan ao substrato primeiro, producen unha erotactina que atrae quimiotacticamente aos gametos masculinos (ectocarpina). Amplamente distribuído, a especie E. fasciculatus aparece como epifita na costa galega no talo de grandes algas, como as do xénero Laminaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de organismos fósiles, propia do período Vendiense -hai 650 millóns de anos-, de formas helicoidais ou radiais, sen esqueletos e que acadan nalgúns casos ata 1 m de sección. Os seus restos presentan un excepcional grosor aparentemente impropio nos animais brandos. Foron descubertos por primeira vez en 1947, nas proximidades da cidade do sur de Australia de onde tomaron o nome, para ser logo recoñecidos nos cinco continentes actuais. Interpretados, nun principio, como os antecesores dos invertebrados do Cámbrico foron logo, para algúns paleontólogos, unha liña sen descendencia na evolución de animais multicelulares e para outros fungos liquenizados de gran tamaño, o que xustificaría a súa consistencia e dimensións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade equivalente do Vendiano, primeiro sistema do Fanerozoico, situado baixo o Cámbrico. Caracterízase pola fauna de Ediacara, formada por metazoos sen cuncha, da que derivaron os principais invertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ediacariano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial creada en Vigo en 1989. Fundada e dirixida por Severino Cardeñoso Álvarez, conta con máis de 400 títulos publicados. Ademais das súas coleccións de contos literarios, poesía, narrativa, temas de Galicia, medicina e esencias, tamén publica dúas revistas, Miscelánea Literaria, mensual, e Tribuna de la Cultura, semestral.
-
-
Construír un edificio.
-
Formar solidamente unha doutrina, unha teoría, unha sociedade ou calquera cousa inmaterial.
-
Infundir en alguén sentimentos morais de virtude e de admiración.
-
-
-
-
Formar intelectual e moralmente unha persoa para que viva en sociedade.
-
Ensinar bos modais a alguén.
-
Aprender certas prácticas ou certos costumes aos animais.
-
Habituar un órgano ou un membro a funcionar ou a realizar a súa función.
-
-
Exercitar os sentidos, a sensibilidade ou o gusto para aprender a distinguir aquilo que ten calidades do que non o ten.
-
Recibir educación.
-