duplicar
(< lat duplicāre‘dobrar’)
-
v t
-
Facer dobre unha cousa.
Ex: Duplicaron o último tomo da enciclopedia para rematar co alfabeto.
-
Facer un segundo exemplar ou copia de algo.
Ex: Duplicaron as partillas a man e déronlle unha a cada fillo. Duplicaron a chave para ter reposto en caso de perda.
-
-
v t
Multiplicar unha cousa por dous.
Ex: En cinco anos duplicou as ganancias da empresa. Con esa suba o seu soldo duplicará o meu.
Sinónimos: dobrar. -
v t
[DER]
Contestar unha dúplica.
Ex: O avogado defensor duplicou todas e cada unha das teses do fiscal.
-
v t
Aumentar dúas veces algo ou facelo máis numeroso do que era.
Ex: Non conseguiron rematar o traballo, a pesar de que duplicaron os seus esforzos.
Sinónimos: dobrar. -
v pron
Converterse unha cousa en dobre.
Ex: O curso de cestería duplicouse para dar cabida a todos os asistentes.
-
v pron
Multiplicarse unha cousa por dous.
Ex: Este ano duplicouse o prezo dos amorodos.
-
v pron
Facerse máis grande do que era.
Ex: Duplicouse a intensidade da chuvia a medida que chegaba a noite.
Palabras veciñas
duplicado -da | duplicado -da | duplicador -ra | duplicar | dúplice | duplicidade | duplicidentado -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplico
duplicas
duplica
duplicamos
duplicades
duplican
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicaba
duplicabas
duplicaba
duplicabamos
duplicabades
duplicaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dupliquei
duplicaches
duplicou
duplicamos
duplicastes
duplicaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicara
duplicaras
duplicara
duplicaramos
duplicarades
duplicaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicarei
duplicarás
duplicará
duplicaremos
duplicaredes
duplicarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicaría
duplicarías
duplicaría
duplicariamos
duplicariades
duplicarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplique
dupliques
duplique
dupliquemos
dupliquedes
dupliquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicase
duplicases
duplicase
duplicasemos
duplicasedes
duplicasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicar
duplicares
duplicar
duplicarmos
duplicardes
duplicaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
duplica
-
-
duplicade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles duplicar
duplicares
duplicar
duplicarmos
duplicardes
duplicaren
duplicada
duplicados
duplicadas