duplicado -da

duplicado -da

(< duplicar)

  1. p reg

    de duplicar ou duplicarse.

  2. adx [FILAT]

    Aplícase ao selo de correos que o filatelista destina ao troco, pois xa posúe outros da mesma emisión na súa colección.

  3. s m

    Segundo exemplar ou copia, igual ao primeiro, que se fai dun documento, como unha acta, contrato ou recibo, ou doutra cousa.

    Ex: Asinamos o contrato de aluguer e déronnos un duplicado. Entregoulle o duplicado da chave. 

Frases feitas

  • Por duplicado loc adv En dous exemplares ou dúas veces. Ex: A documentación deberá entregarse por duplicado no rexistro do xulgado.

Palabras veciñas

dúplica | duplicación | duplicado -da | duplicado -da | duplicador -ra | duplicar | dúplice