"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Terence Steve McQueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Tenente de fragata (1776), loitou como voluntario no exército sueco durante a guerra entre Suecia e Rusia (1788), polo que recibiu do Rei Gustavo III de Suecia a Cruz da Espada. Participou a bordo dunha escuadra inglesa na Guerra da Independencia Española (1808-1814). Escribiu un Plan de campaña ofensiva y combinada de mar y tierra contra los Estados Unidos de la América Septentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Fundou a Academia Brasileira de Letras (1896), da que foi o seu presidente. Despois dunhas primeiras obras de influencia romántica, a partir de Memórias póstumas de Brás Cubas (1881) amosou unha preocupación pola análise dos caracteres e pola paisaxe física e social de Rio de Janeiro. Foi tamén autor de Papeis avulsos (1882), Quincas Borba (1891), Dom Casmurro (1899) e Essaú e Jacó (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joaquim Machado de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Ocupou diferentes cargos (1964) na Asociación de Jóvenes Compositores de Bos Aires e a súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina nunha tribuna internacional. En 1984 retornou a Galicia. Compuxo obras orquestrais de cámara e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Pacífico Sur situada a uns 1.500 km ao SL da illa de Tasmania, Australia (176 km2). Foi descuberta en 1948, e é unha estación meteorolóxica na zona subártica. Foi declarada Parque Nacional en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Descubriu a composición do xeso, do leite e doutras substancias de uso corrente. Os seus estudios sobre a composición do aire e da auga facilitaron os traballos de Lavoisier, pero mantivo, en contra das ideas innovadoras de este, a vella teoría floxística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á arte macroesquemática.

    2. Arte desenvolvida polas primeiras comunidades neolíticas da zona levantina a partir do V milenio a C. Caracterizouse pola elaboración de pinturas de gran tamaño, cun trazo groso de cor vermella escura, que representaban figuras antropomorfas decoradas con motivos xeométricos. Destacan, entre outros, os xacementos de La Sagra (Alacant) e La Balsa de Calicanto (València), anteriores cronoloxicamente á pintura levantina que se desenvolveu entre as secuencias culturais do Epipaleolítico e do Calcolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de bádminton. Foi presidente da Federación Galega de Bádminton e secretario da Federación Galega de Tenis. Foi subcampión de España de bádminton de veteranos e campión de dobres e mixtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do comportamento magnético das substacias químicas sometidas á acción dun campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista. Foi secretario de Carlos V e embaixador fronte ao Papa Clemente VII. Vicechanceler da coroa de Aragón desde 1533, acompañou ao rei a Tunisia (1535) e participou nas Cortes de Monzón (1542). Na corte foi, xunto con Mercurio Gattinara, unha das figuras básicas do erasmismo ao servizo da política imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao maia-quiché.

    2. Grupo de linguas da famila maia-zoque que se falan en América Central. Está formado polas linguas huaxteca, maia, mam, quiché e tzeltal, ademais do chol, antigamente falado desde Tabasco a Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao maia-zoque.

    2. Familia de linguas do phylum amerindio que se falan en diversos pobos do SL de México, Guatemala, unha parte de Honduras e algunha zona do golfo de México. Inclúe as linguas do grupo maia-quiché, o zoque e o totanaca. Algúns lingüistas relacionan o maia-zoque con outros grupos, como o penuti, o caribe e o arauaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Aubigné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1973), doutor desde 1984. Realizou guións para a TVE-Galicia e escribiu as monografías Galicia na Segunda República e baixo o franquismo (1930-1976) (1988), Memoria-Catálogo das publicacións galegas antifranquistas (1990), Galegos en Euskadi. Galicia no corazón (1992), Nautilus (1994), As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) (2001), Resistencia, guerrilla e represión. Causas e consellos de guerra. Ferrol (1936-1955) (2003) e Historia do sindicalismo nacionalista galego (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborou coas revistas Vida Gallega de Vigo, e Eco de Galicia e Alma Gallega, de La Habana (1917). Ademais de diversas composicións e artigos, publicou o poemario Añoranzas y melancolías (1923), con ilustracións de Abelenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo Mal’akí ‘o meu mensaxeiro’ e que pasou ao grego e ao latín como Malachias. A festividade de san Malaquías de Armagh (1094-1148), primado de Irlanda, celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO