macroesquemático -ca
macroesquemático -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente á arte macroesquemática.
-
arte macroesquemática
[ARTE]
Arte desenvolvida polas primeiras comunidades neolíticas da zona levantina a partir do V milenio a C. Caracterizouse pola elaboración de pinturas de gran tamaño, cun trazo groso de cor vermella escura, que representaban figuras antropomorfas decoradas con motivos xeométricos. Destacan, entre outros, os xacementos de La Sagra (Alacant) e La Balsa de Calicanto (València), anteriores cronoloxicamente á pintura levantina que se desenvolveu entre as secuencias culturais do Epipaleolítico e do Calcolítico.