"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Grupo de escritos sánscritos dos ss VI ao XVI. Ocupan un segundo lugar despois dos escritos épicos (Mahābhārata ou Rāmāyana) e forman parte, non da revelación, senón da tradición (smti). Hai 18 importantes e un gran número de pequenos (upapurāna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do Xurásico Superior inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Purbeckiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para purgar ou permite realizar unha purga.

    2. Que limpa o intestino de substancias prexudiciais.

    3. Medicamento que ten efecto purgante a causa do principio activo que contén. Clasifícanse en purgantes salinos, que actúan dificultando a absorción; purgantes con acción excitante da mobilidade do intestino delgado (aceites, resinas); purgantes con acción excitante sobre a mobilidade do intestino groso (derivados do antraceno, ácidos biliares); purgantes que actúan para lubricación da parede intestinal (o aceite de parafina); e purgantes antraquinónicos (áloe ou ameneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Orissā, India, situada no golfo de Bengala (124.835 h [1991]). É un dos centros de peregrinaxe máis importantes do país. Destaca o templo, do s XII e restaurado e completado en 1532, dedicado a Krixna, que se venera como Jagannath (Señor do Universo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que purifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de puritano.

    2. Movemento político-relixioso, no seo das igrexas reformadas de Inglaterra e de Escocia, nacido no período que vai desde o establecemento de Isabel I de Inglaterra (1559) ata a restauración monárquica de Carlos II de Inglaterra (1660), que pretendía a total purificación das reformas romanas e a implantación do pensamento calvinista. A expresión máis típica é o Pilgrim’s Progress de John Bunyan e o Paradise Lost de John Milton. O puritanismo comporta, como estrutura eclesiástica, o presbiterianismo fronte ao episcopalismo, e a presenza do consistorio, formado prevalentemente por laicos, nas parroquias. Iso levounos a defender o parlamentarismo fronte a Xaime I de Inglaterra. O rexeitamento orixinou un puritanismo político, que sostivo a causa de Tomas Cromwell. En 1620 os pioneiros do Mayflower fundaron a colonia de Plymouth, que foi o reduto puritano de EE UU. Influíu no nacemento dos baptistas e dos cuáqueros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cumpre con rigor as normas e principios morais.

      1. Relativo ou pertencente ao puritanismo e aos puritanos.

      2. Membro ou seguidor do puritanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Profesor en Breslau e en Praga, destacou polos seus estudos citolóxicos (descubrimento do núcleo dos ollos, aplicacións do microátomo, creación do termo protoplasma (1839), descrición das células e das fibras de Purkinje ou fibras musculares modificadas da cor) e polos seus traballos de fisioloxía, coa acción do páncreas na dixestión das proteínas e sobre todo polos estudos sobre a visión partindo das teorías de Goethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabalo dunha raza que se desenvolveu desde o s XVIII en Inglaterra a partir de 35 eguas inglesas, que foron cruzadas con tres sementais de raza árabe, coa intención de acadar corredores de longa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República de Corea, que forma unha entidade de poboación propia (749 km2; 3.655.437 h [2000]). Situado no estreito de Corea, é o porto principal do país e a segunda cidade en poboación. Ten estaleiros e industria siderúrxica, mecánica, téxtil (algodón e seda) e química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten pouco ánimo ou pouco valor para enfrontarse ás cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pusilánime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertenceu aos círculos literarios liberais que tiveron un papel destacado na política literaria e lingüística da época. Algúns poemas destes anos motivaron o seu exilio ao S, onde compuxo as súas poesías románticas máis destacadas. A partir de 1824 comezou a adquirir importancia a súa evolución cara a un certo realismo, tal e como aparece reflectido na traxedia Boris Godunov (1824-1825), editada en 1930, e o poema Jevgenij Onegin (1825-1832). Nos seus derradeiros anos interesouse pola historia do seu país e a prosa, que plasmou en Poltava (1829), Mednyj vsadnik (O cabaleiro de bronce, 1833), editado en 1837, Kapitanskaja dočka (A filla do capitán, 1836), Povesti pokojnogo Ivana Petroviča Belkina (Os relatos de Belkin, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Mateo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao home que vai frecuentemente con prostitutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo do altiplano de Siberia Central, o máis alto e máis fortemente desmembrado, situado no curso superior do P’asina, Rusia. A súa máxima altitude acada os 1.702 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polos pintores de frescos italianos do s XV, dotou ás súas teas da aparencia de fresco. Caracterizouse polo sintetismo, a pincelada plana, as cores despexadas, a liña do horizonte alta, as figuras en primeiro termo e moi grandes e unha gran simplicidade na composición. Realizou Concordia (1861), Le bois sacré (1885 e1887), L’Été (1891-1892) e decorou o Panteón de París co Rencontre de sainte Geneviève et de saint Germain (1874) e cultivou tamén a pintura de personaxes populares, Le Pauvre Pêcheur (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobresae en poder, forza ou riqueza.

    2. Que mostra un alto grao de prosperidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza coa que algo medra ou se desenvolve.

    VER O DETALLE DO TERMO