puritanismo

puritanismo

(

  1. s m

    Calidade de puritano.

  2. s m [HIST/RELIX]

    Movemento político-relixioso, no seo das igrexas reformadas de Inglaterra e de Escocia, nacido no período que vai desde o establecemento de Isabel I de Inglaterra (1559) ata a restauración monárquica de Carlos II de Inglaterra (1660), que pretendía a total purificación das reformas romanas e a implantación do pensamento calvinista. A expresión máis típica é o Pilgrim’s Progress de John Bunyan e o Paradise Lost de John Milton. O puritanismo comporta, como estrutura eclesiástica, o presbiterianismo fronte ao episcopalismo, e a presenza do consistorio, formado prevalentemente por laicos, nas parroquias. Iso levounos a defender o parlamentarismo fronte a Xaime I de Inglaterra. O rexeitamento orixinou un puritanismo político, que sostivo a causa de Tomas Cromwell. En 1620 os pioneiros do Mayflower fundaron a colonia de Plymouth, que foi o reduto puritano de EE UU. Influíu no nacemento dos baptistas e dos cuáqueros.

Palabras veciñas

Purísima | purismo | purista | puritanismo | puritano -na | Purkinje, célula de | Purkinje, efecto