purismo
(< fr purisme)
-
s
m
Calidade de purista.
-
s
m
[ARTE]
Movemento pictórico francés que se desenvolveu entre 1918 e 1925, que rexeitaba a abstración cubista. Promovido por A. Ozenfant e Le Corbusier, sobre o que teorizaron nas revistas L’Élan (1915) e L’Esprit Nouveau (1920-1925), o manifiesto purista publicouse en 1918 co título Après le cubisme. Pretendían desterrar da arte as calidades decorativas e toda fantasía e preciosismo, representando os obxectos na súa simplicidade arquitectónica e preocupándose polas formas primarias, a estética da máquina e o funcionalismo.
-
s
m
[ARTE]
Movemento pictórico italiano que se desenvolveu na primeira metade do s XIX e que, derivado do nazarenismo, preconizaba a inspiración relixiosa na arte e a revalorización do Trecento e o Catrocentos italianos. Dos seus membros destacan os pintores A. Bianchini (1803-1884), autor de Del purismo nelle arti (1849), e o historiador da arte P. Selvatico (1803-1880). Supuxo unha renovación da temática, pero non do estilo, que se mantivo dentro do academicismo.