Puri ou Jaganathpur ou Jagannath
Puri ou Jaganathpur ou Jagannath
Cidade do estado de Orissā, India, situada no golfo de Bengala (124.835 h [1991]). É un dos centros de peregrinaxe máis importantes do país. Destaca o templo, do s XII e restaurado e completado en 1532, dedicado a Krixna, que se venera como Jagannath (Señor do Universo).