"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (385-412). Propugnou sen escrúpulos o predominio da sé alexandrina en Oriente e foi un adversario violento dos pagáns e dos oroxenistas. Acusou a Xoán Crisóstomo de selo e, en 403, conseguiu que fose deposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comentarista grego do período alexandrino. Crese que foi o último científico encargado do Museo de Alexandría. Escribiu uns comentarios á obra de Ptolomeo e unha edición comentada dos Elementos e da Óptica de Euclides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Vicente Risco, publicada en 1920, baseada dun ensaio co mesmo título publicado en A Nosa Terra en 1918. Desde a postura do nacionalismo bioloxicista, afirmou que Galicia é unha nación de seu, en que os alicerces da nación galega estaban na terra, na raza, na lingua, na organización social e no sentimento, feitos diferenciais que conseguiu pór en conexión con valores universais. Asumía así as ideas de Murguía, fundamentadas na raza, ás que engadía o factor da terra. Galicia debía conseguir definir uns dereitos e uns deberes que lle permitiran desenvolverse como nación de herdanza atlántica, entendido como superación do europeísmo mediterráneo. A loita para evitar a desaparición da nación galega correspondíalle á elite cultural galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta rusa. Foi a primeira muller cosmonauta en tripular unha nave espacial individual, a Vostok 6, en xuño de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en Arxentina en 1917, e dirixida por Francisco S. Martínez, integrada por emigrantes ourensáns, dos que algún xa militara no agrarismo. Os seus obxectivos coincidían cos das Irmandades da Fala, aínda que non se declararon especificamente nacionalistas, senón rexionalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante ácido-base cuxa sal sódica se emprega na radiodiagnose da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de tetravalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento químico e ao radical que teñen unha valencia ou un estado de oxidación igual a catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Morgan Thompson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ucraíno. Primeiro vicepresidente do consello de ministros da URSS (1976-80) e membro do Politburó (1979-85), en 1980 sucedeu a A. N. Kosygin como xefe do goberno e colaborador de Brežnev. En 1985, unha vez instalado no poder M. Gorbačov, dimitiu por razóns de saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cantor romántico da revolución, as súas baladas Orda (1920-1921) e Braga (Néctar, 1921-1922) tiveron unha gran popularidade. A novela Vojna (A guerra, 1931) representa unha aposta máis decidida polo realismo socialista. Combinou a poesía coa prosa e foi un autor moi premiado, con obras como Kirov s nami (Kirov connosco, 1941, Premio Stalin 1942), Gruzinskaja vespa (Primavera xeorxiana, 1948, Premio Stalin 1949) e Šest’kolon (Seis columnas, 1969, Premio Lenin 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca o timbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao psicofármaco antidepresivo de acción estimulante sobre o humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para extraer o leite do peito da nai durante o período en que aleita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico escocés. Estudou nas universidades de Glasgow, Frankfort am Main e Oxford. As súas investigacións abarcan case todos os campos da bioquímica, estudou a composición química de determinados enzimas e vitaminas como a E ou a B12, e o seu maior logro foi o estudo e síntese dos nucleótidos, e sintetizou o ATP, FAD e o UTP. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre os nucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Presidente de Perú desde 2001, foi líder do Partido Político Perú Posible e do movemento de resistencia pacífica contra o seu antecesor, Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfiladeiro dos Pireneos Centrais de 2.122 m de altitude, situado entre os vales superiores de Gave de Pau e de l’Adour, en Bigorre, Occitania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Lourenzá (Lourenzá). Construída por Antonio Tovar e a súa dona en 1530, ten un corpo principal de planta rectangular, rematado en cada extremo por unha torre, con dous corpos pegados. As torres posúen ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galería de arte situada en Moscova, que reúne a colección de pinturas rusas máis importante. Ten a súa orixe na colección particular de Pavel Mikhajlovič Tret’jakov (1832-1898), quen a doou á cidade en 1892. Convertida en museo estatal en 1918, contén unhas 40.000 iconas, pinturas, esculturas e gravados de diversas épocas.

    VER O DETALLE DO TERMO