Tret’jakov, Galería
Tret’jakov, Galería
Galería de arte situada en Moscova, que reúne a colección de pinturas rusas máis importante. Ten a súa orixe na colección particular de Pavel Mikhajlovič Tret’jakov (1832-1898), quen a doou á cidade en 1892. Convertida en museo estatal en 1918, contén unhas 40.000 iconas, pinturas, esculturas e gravados de diversas épocas.