Treviño, condado de
Treviño, condado de
Enclave da provincia de Burgos situado dentro da de Araba, Euskadi. Comprende o val do Agudo e parte do val do Zadorra, e está separado da conca do Araba polas montañas de Vitoria. Forma un municipio e pequenos núcleos subsidiarios. O dominio orixinario foi fundado por Lope Laínez en 1160, e ampliado en 1194 polo Rei Sancho de Navarra. Pertenceu a Araba ata que foi conquistado polo Rei Afonso VIII de Castela (1200). Xoán II concedeulle os foros de Logroño (1417) e despois outorgoulle o título de conde de Treviño (1453) a Diego Gómez Manrique de Lara, que xa era señor do lugar.