Treviso
Treviso
Capital da provincia homónima, situada en Véneto, Italia (79.875 h [2001]), na confluencia dos ríos Sile e Botteniga, a 30 km de Venecia. Ten industrias de papel, de pastas, muíños e fiadeiros. Antiga Tarvisium dos romanos, foi sucesivamente ducado longobardo, condado franco e marquesado. En 898 foi destruída polos húngaros, e en 1339 pasou a Venecia. Dominio austríaco desde 1797, foi liberada polo exército italiano en 1866. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, coa cripta dos ss XI-XIII, as igrexas de San Francesco e San Nicolò, o Palazzo del Trecento e a Loggia dei Cavalieri.