"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación cultural trimestral e bilingüe de Verín editada en 1985. Formaban o consello de redacción: Baldomero Vázquez, Pilar González, Benito Salgado, Fernando Barreira, Alfonso Sola e Xaime Noguerol, entre outros. Ilustrada por Laura Vilas, incluía reproducións de óleos de Manuel Fornos. No número de abril de 1986 conta coas colaboracións de X. Lourenzo, A. Tovar, Camilo Franco, M. A. Fernández, Pura e Dora Vázquez, Pilar González Gallego e María Xosé García Dobarro. Trata temas artísticos, cine galego, historia do concello, música e antoloxías de poemas de Lorca, Aleixandre, Leopoldo de Luís e Miguel Hernández, nas seccións “Ánfora das letras” e “Verín na voz dos poetas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que produce un son análogo ao que se produce soprando nunha botella baleira.
-
Son percibido ao auscultar o peito dun enfermo con lesións cavitarias pulmonares ou con pneumotórax.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción de sons anfóricos ao falar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asilla cerámica en forma de periña invertida, de pequeno ou mediano tamaño, con boca en resalte e pé en pivote, utilizada xeralmente para alumar embarcacións entre os ss XVI e XVIII; ten sido confundida con ánforas de épocas moito máis antigas.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Picinni. Actuou nos teatros máis importantes de Europa e en Roma exerceu de mestre de capela en San Xoán de Letrán (1792-1797). Escribiu máis de setenta óperas entre as que destacan La finta giardianera e Didone abbandonata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico antifúnxico poliénico de amplo espectro producido por fermentación de cepas de Streptomyces nodosus. Foi illado e purificado por Gold no ano 1956. A anfotericina emprégase administrada por vía intravenosa na terapia de micoses sistémicas, excepto cando están producidas por Candida tropicalis e algunhas cepas do xénero Aspergillus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comportamento das especies químicas anfóteras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das especies químicas, moleculares ou iónicas, que se poden comportar como un ácido e como unha base, dependendo das circunstancias e da natureza dos constituíntes cos que entran en reacción. Así, o hidróxido de aluminio compórtase como unha base diante dos ácidos fortes, formando sales alumínicos, mentres que se comporta como un ácido diante das bases fortes, dando aluminatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado no que os dous compoñentes (antagónicos) do sistema nervioso vexetativo, o simpático e o parasimpático, teñen un ton superior ao normal.
-
-
Calidade de anfractuoso.
-
Irregularidade no terreo, en forma de depresión ou quebrada.
-
Suco ou depresión sinuosa que separa as circunvolucións cerebrais.
-
-
-
Que ten sinuosidades e curvaturas.
-
Dise especialmente do terreo irregular e abrupto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Rexión Central, Tailandia (968 Km2; 283.055 h [estim 1993]). A capital é Ang Thong (10.616 h).
-
-
Mango de ferro do fouciño que vai metido noutro mango de madeira.
-
Asa, xeralmente en forma de arco, pegada a un pote ou caldeiro nos seus dous extremos e que serve para agarrala e sostela.
-
Peza do arado que presenta esta mesma forma.
-
Cada unha das tiras do xustillo que van sobre os ombreiros.
-
Parte superior do remo con forma cilíndrica, empregada para poder manexalo ao xeito.
-
-
PUNTA
Punta da enseada de Rianxo na parroquia de Castro, no concello de Boiro, situada ao S da costa da Bouza e ao N da praia Ladeira do Chazo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘xeso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘canta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paleocontinente xurdido da fragmentación da Panxea I no Cámbrico (500-400 M a BP), situado ao N do continente Austral e ao L da placa Báltica. Permaneceu illado ata o Pérmico (250 M a BP), cando bateu contra a placa Amerbáltica. Coa antiga placa Báltica formou no Cretácico (125-75 M a BP), o continente denominado Eurasia. O escudo de Angara, formado por granitos e gneises precámbricos, correspóndese coa actual Siberia Central.
-
RIOS
Río da Siberia Oriental, afluente do Ienissei e emisario do lago Baikal (1.826 km de lonxitude e 1.056.000 km2 de conca). O curso superior (680 km) é navegable, e ás súas beiras desenvolvéronse núcleos industriais. O curso medio é accidentado debido a numerosas fervenzas que imposibilitan a navegación e non volve ser navegable ata os 300 kms finais. O caudal medio na confluencia co Ienissei é de 4.150 m3 /s. Os seus principais afluentes son o Oka, o Uda-Čuna-Bir’usa pola esquerda e o Čadobec pola dereita. O Angara utilízase para o transporte de carbón, madeira, cereais e para o aproveitamento hidroeléctrico: centrais de Bratsk, Irkutsk e Bogučany.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de pesca propio do litoral galego utilizado para apañar as centolas e outros crustáceos.
-
-
Armazón de madeira xiratoria da que pendura unha cadea de ferro, chamada gramalleira, onde van colgados os potes na cociña tradicional galega.
-
Aparello mecánico, en forma de torno, empregado para levantar a moa do muíño.
-
Asa do pote ou do caldeiro.
-