Angara
Angara
Paleocontinente xurdido da fragmentación da Panxea I no Cámbrico (500-400 M a BP), situado ao N do continente Austral e ao L da placa Báltica. Permaneceu illado ata o Pérmico (250 M a BP), cando bateu contra a placa Amerbáltica. Coa antiga placa Báltica formou no Cretácico (125-75 M a BP), o continente denominado Eurasia. O escudo de Angara, formado por granitos e gneises precámbricos, correspóndese coa actual Siberia Central.