Angara

Angara

Río da Siberia Oriental, afluente do Ienissei e emisario do lago Baikal (1.826 km de lonxitude e 1.056.000 km2 de conca). O curso superior (680 km) é navegable, e ás súas beiras desenvolvéronse núcleos industriais. O curso medio é accidentado debido a numerosas fervenzas que imposibilitan a navegación e non volve ser navegable ata os 300 kms finais. O caudal medio na confluencia co Ienissei é de 4.150 m3 /s. Os seus principais afluentes son o Oka, o Uda-Čuna-Bir’usa pola esquerda e o Čadobec pola dereita. O Angara utilízase para o transporte de carbón, madeira, cereais e para o aproveitamento hidroeléctrico: centrais de Bratsk, Irkutsk e Bogučany.