"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Ciclista estadounidense. Coñecido como Greg LeMond, gañou tres veces o Tour de France, en 1986, 1989 e 1990, foi o primeiro corredor non europeo en gañar esta proba, e dúas veces o Campionato do Mundo, en 1983 e 1989. Retirouse en 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cidade de San Petersburgo de 1924 a 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (85.900 km2; 1.674.000 h [estim 1999]). A capital é San Petersburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Pena (Cenlle). Ten planta en forma de U. Á primitiva obra do s XVIII que tiña forma de escuadro, engadiuselle un novo corpo. Conserva o patio e un oratorio.
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (457-474). Tentou manter a unidade do Imperio e ratificou o concilio de Calcedonia. Asumiu a dignidade de emperador de Occidente á morte de Severo (465), aínda que, dous anos despois, elevou ao trono de Roma o seu familiar Antemio Procopio. Non puido derrotar os vándalos situados no N de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (440-461). Arcediago de Roma no pontificado de Celestino, foi home de confianza de Sisto III, a quen sucedeu. No seu papado decidiu acabar co paganismo e interveu contra o bispo Honorato de Arles (449). Consolidou a súa autoridade en Hispania e África, e condenou a Nestorio (449). Castigado polo Concilio de Éfeso, respondeu convocando o Concilio de Calcedonia (451) e defendeu Roma da invasión de Atila (452). Consérvase unha colección de sermóns, o epistolario e o misal denominado Sacramento leonino. Foi proclamado doutor da Igrexa por Bieito XIV (1754). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao papel fotográfico que se realiza cunha emulsión ao colodión sensibilizada con sales de prata. A capa de sulfato de bario que se introduce entre a emulsión e o papel soporte proporciona maior estabilidade e duración á fotografía, ademais dunha mellora estética. Presentárono por primeira vez Jean Laurent e José Martínez Sánchez, en París e Madrid, en 1866.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que se encarga da elaboración de léxicos e dicionarios. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á lexicografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en lexicografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento gráfico que permite clasificar os fenómenos demográficos dun individuo ou dun grupo de individuos por períodos anuais de observación e por idade. Represéntase cun sistema rectangular de coordenadas, onde a abscisa corresponde aos anos do calendario e a ordenada ás idades.
-
PERSOEIRO
Neurocirurxián. Foi xefe do Servicio de Neurocirurxía do Hospital Clínico de Barcelona, membro fundador da Sociedade Luso-Española de Neurocirurxía e director da Escola Profesional de Neurocirurxía. Escribiu Tumores intracraneales e Abcesos cerebrales e diversos capítulos da Patología médica, de Pedro i Pons.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Interpretación pexorativa da historia de España, segundo a historiografía española, en especial a que fai referencia aos reinados dos Austrias e dos Borbóns. Empezou a estenderse a partir do reinado de Filipe II, despois da Guerra de Secesión de Flandres e da pouco aclarada morte de Carlos de Austria. Tivo a súa orixe na rivalidade de diversos países europeos coa monarquía hispana e o seu imperio de ultramar. A lenda nutriuse dos abusos na colonización de América e da dureza da Inquisición española.
-
PERSOEIRO
Emperador de China. Fundador da dinastía Tang, freou as tentativas da expansión turca e restableceu o protectorado chinés sobre as rexións do N de Asia. Bo administrador, protexeu as letras e o budismo e reformou o código chinés e o réxime de propiedade do solo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Publicou Camiños para mellorar a rendibilidade das empresas socialistas (1956) e Principais problemas da mecanización e a automatización da produción (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en 1800 en Washington coa finalidade de ser a biblioteca lexislativa do Congreso e a biblioteca nacional de EE UU. O seu fondo documental é un dos máis importantes do mundo, ao conter máis de 74 millóns de entradas principais nos seus ficheiros e materiais en 470 linguas. Ocupa tres edificios: o que ocupou orixinalmente a Library of Congress, onde están as oficinas e as salas de lectura, que desde 1980 foi coñecido co nome de Jefferson Building; o John Adam Building, inaugurado en 1939, que conta con doce pisos de depósitos de libros; e o Masidon Building, inaugurado en 1981, destinado ás oficinas do copyright, ao servizo de busca e préstamo e aos servicios centrais. Participa no desenvolvemento do MARC e é responsable da publicación do National Union Catalog (NUC).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de espectáculos construída en Barcelona por iniciativa do Liceu Filharmònico-Dramàtic Barcelonès, inaugurado en 1867. O edificio contaba cunha capacidade para 3.500 espectadores, tiña cinco andares e platea, polo que no momento da súa construción estaba considerado como un dos máis grandes do mundo. Sufriu un incendio en 1861 e outro en 1994. Co apoio institucional e cidadán construíuse un novo edificio no mesmo lugar, que se reabriu o 7 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade analítica real G, dotada dunha operación interna, (x,y) D xy, para a que G ten estrutura de grupo e tal que a aplicación (x,y) D xy-1 é analítica. Foi o matemático Sophus Lie o creador desta teoría dos grupos e das álxebras que levan o seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento agrarista constituído en Madrid o 30 de xuño de 1910, despois dunha serie de reunións no Centro Galego en que participaron, entre outros, Portela Valladares, Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Emilio Rondal e Prudencio Landín. Contou con tres directores, A.Vicenti, E. Vincenti e Portela Valladares, e tiña como secretario a Basilio Álvarez. O seu programa concentrábase na redención foral. Apoiado polos republicanos pontevedreses, o Directorio de Teis e a prensa republicana madrileña, a revista Acción Gallega serviulle de voceiro. Organizou unha campaña de mitins en Pontevedra e Lugo protagonizada por Portela Valladares, en que se enfrontou cos seus rivais dentro do partido liberal. Disolveuse rapidamente polas diferencias entre os seus membros e despois da desaparición de Acción Gallega, en setembro dese ano, o distanciamento dos seus líderes levou á súa extinción no mes de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción que se obtén da destilación do petróleo, formada sobre todo por heptanos e octanos. OBS: Tamén se denomina nafta de petróleo.