Library of Congress

Library of Congress

Biblioteca fundada en 1800 en Washington coa finalidade de ser a biblioteca lexislativa do Congreso e a biblioteca nacional de EE UU. O seu fondo documental é un dos máis importantes do mundo, ao conter máis de 74 millóns de entradas principais nos seus ficheiros e materiais en 470 linguas. Ocupa tres edificios: o que ocupou orixinalmente a Library of Congress, onde están as oficinas e as salas de lectura, que desde 1980 foi coñecido co nome de Jefferson Building; o John Adam Building, inaugurado en 1939, que conta con doce pisos de depósitos de libros; e o Masidon Building, inaugurado en 1981, destinado ás oficinas do copyright, ao servizo de busca e préstamo e aos servicios centrais. Participa no desenvolvemento do MARC e é responsable da publicación do National Union Catalog (NUC).

Palabras veciñas

libranza | librar | librario -ria | Library of Congress | libras | Librazhd | libre