"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Corrente de deseño industrial, e especialmente de interiorismo e de deseño de mobles, vixente en Italia, basicamente en Milán e Turín, a partir de 1958. O termo foi cuñado por Paolo Portoghesi, e entre as súas características primou o paralelismo coas formas da escola vienesa. Entre as obras máis destacadas están o Pavillón Italiano de Bruxelas (1958) e os deseños de mobles de Ignazio Gardella, L. Caccia Dominioni e Franco Albini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lingüística espacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á neolingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á escola de taxonomistas que propugna o uso de agrupacións moi amplas de individuos (linneón), a miúdo correspondentes a círculos de razas, que poden estar subdivididos en unidades inferiores (subespecies ou variedades).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase da Prehistoria que segue ao Mesolítico. Supón a fase do desenvolvemento económico e técnico de certas sociedades, en que se consegue substituír as formas de subsistencia depredadoras do Paleolítico por unha economía de produción. Ata este momento o home vivía da caza, a pesca e a recolección. O descubrimento de medios para controlar e desenvolver estas fontes, a agricultura e a domesticación de animais, modificou profundamente a vida do home e converteuno en sedentario. Instalouse primeiro en pequenos poboados, que nas zonas propicias deron pé ao nacemento do urbanismo. A súa orixe estivo na explotación intensiva de certas plantas e certos animais, nas áreas axeitadas en que estes recursos se encontran en estado salvaxe. Hai diversos centros en que, independentemente, xorden estas novas formas de vida. O Próximo Oriente e a Península Balcánica, entre o VIII e o VII milenios a C e Mesoamérica entre o III e o II milenio a C, constituíron centros primarios de aparición do Neolítico, desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen emprega habitualmente neoloxismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao neoloxismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade léxica ou significado que se incorpora a unha lingua   para designar un obxecto ou un concepto de nova creación. Os neoloxismos formais son os que se crean a través de procesos de prefixación (prerromano), sufixación (alfabetizar), composición (calcapapeis), abreviación (moto), acrónimos (módem) e siglas (RENFE) e préstamos doutras linguas (cámping). Os neoloxismos semánticos adaptan un significante vello, por metáfora ou outro procedemento, a un novo significado (rato: dispositivo informático). Para a formación de neoloxismos en vocabularios técnicos, recórrese a miúdo ao grego e ao latín, principalmente a creación de formas a partir da unión de dúas bases léxicas que pasan a funcionar como prefixos e sufixos na nova forma (neonato, filólogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina social e demográfica, continuadora da teoría de T. R. Malthus (malthusianismo), que avoga polo control da natalidade para limitar o crecemento da poboación e evitar a miseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neomaltusianismo.

    2. Partidario do neomaltusianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao neomedievalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neorrománico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da herdanza biolóxica que defende as ideas do mendelismo e as adapta aos novos coñecementos da xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro día do antigo calendario lunar, que se celebraba en diferentes tradicións relixiosas, como a hebrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico do grupo dos oligoaminoholósidos. S.A. Waksman e H.A. Lechevalier en 1949, conseguiron illalo do agromo dun cultivo dun actinomiceto do solo (Streptomyces fradiae). A neomicina é un antibiótico de amplo espectro, activo contra a maioría das bacterias Gram-negativas, sobre todo os axentes de numerosas infeccións intestinais, colibacilos, axentes da febre tifoide, da disentería bacilar do cólera e tamén contra as bacterias Gram-postitivas (estafilococos e estreptococos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao xene que se produce por mutación recesiva e que produce un efecto, polo menos en aparencia, que non garda relación co efecto do seu alelo non mutado.

    2. Aplícase á mutación que produce o xene neomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos insectívoros, da familia dos sorícidos, que presentan o corpo de 20 cm de lonxitude, o pelame suave e de cor negra ou branca, o fociño e as patas grosos e os pés cubertos de pelos eréctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico de número atómico 10 e peso atómico 20,179, que pertence ao grupo 0 (ou VIIIa) da táboa periódica. É gasoso, incoloro, inodoro e inerte, e obtense mediante a licuefacción do aire. Emprégase para encher os fluorescentes publicitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO