"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político hindú. En 1949 cofundou a Liga Awami, de talante nacionalista, da que foi elixido secretario xeral en 1953. Foi primeiro ministro (1972-1975) e ministro (1975) de Bangladesh. Morreu durante un golpe de estado militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo islámico exipcio. Acusado de organizar o asasinato de Mu ḥ ammad Anwar al-Sadat, exiliouse a EE UU onde, acusado de perpetrar o atentado contra as torres xemelgas do World Trade Center de Nova York de 1993, foi condenado a cadea perpetua en 1996. Está considerado o inspirador e dirixente do grupo fundamentalista Al-Gama’a al-Islamiyya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e erudito iraquí. Bispo de Edesa (1887) e arcebispo de Bagdad (1892), foi elixido patriarca de Antioquía para a comunidade católica da Igrexa Siria (1898). Coñecedor da tradición literaria e litúrxica siria, editou diversos textos e estudos e publicou os diferentes libros litúrxicos do rito sirio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao límite entre dous países ou territorios.

      2. Que ou quen habita no límite entre dous países ou territorios.

      1. Relativo ou pertencente á Raia Seca.

      2. Natural da Raia Seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar por onde sae o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive e pintor. Coñecido como Il Francia, comezou a pintar en colaboración con Lorenzo Costa. Das súas obras destacan Madonna col Bambino i angeli e Madonna col Bambino i santi, os frescos do Palazzo Comunale de Boloña (1505) e retratos, como o de Federico Gonzaga (1510).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 arnela.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Raimund.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, director e actor teatral. Coñecido tamén co nome de Ferdinand Raimann, está considerado o autor clásico do teatro popular vienés. As súas obras máis destacadas son Der Alpenkönig und der Menschenfeind (O rei dos Alpes e o misántropo, 1828) e Der Diamant des Geisterkönigs (O diamante do rei dos espíritos, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Impulsor do movemento moderno en Austria, en Viena foi profesor da Kunstakademie (1956) e urbanista da cidade (1958). Construíu a Sala Municipal (1954-1958) e revestiu a súa estrutura de aceiro con aluminio. Con K. Auböck creou unha colonia de chalés prefabricados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta letón. De nome Janis Plieksans, foi redactor xefe do diario Dienas Lapa (O cotián), órgano do movemento Jauna strava (A nova corrente), ao que lle deu unha dirección marxista. Arrestado polos rusos (1897), escribiu en prisión o seu primeiro libro de poemas (1903). Poeta popular, influíu na loita pola independencia de Letonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Borneo que nace nas montañas de Batu Tiban e desemboca, tras un percorrido de 660 km, no mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, situado ao NO do país (342.239 km2; 56.473.122 h [2001]). A súa capital é Jaipur. Está atravesado de NL a SO polos montes Arāvalli Parvata, que separan o deserto de Thar das altas estepas do L, drenadas polos ríos Mahi e Chambal. A súa parte occidental, moi árida, está practicamente deshabitada, mentres que a oriental é unha rexión de chuvias suficientes e nela concéntrase a poboación e a maior parte dos cultivos. O resto do país dedícase á cría de ovellas, cabras e camelos, e a cultivos de millo miúdo e garavanzos. Conta con abundantes recursos mineiros, producindo preto do 80% do xeso do país. Constituído inicialmente (1949) por dezanove dos estados de Rājputānā, foille anexionado en 1956 o de Ajmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estado de Rājasthān e á súa lingua.

    2. Natural ou habitante do estado de Rājasthān.

    3. Lingua indoiraniana occidental falada no Rājasthān e na banda occidental de Madhya Pradesh. Os seus dialectos principais son o jaipuri, o marwari, o mewati e o malvi. A súa literatura trata epicamente os temas do amor, o valor e o menosprezo á morte dos rajputs. Entre os seus autores principais destacan Kallola (s XV), Aśananda (s XVI) e Suryamal Miśran (s XIX). Co tempo cantáronse nel os poemas de Mirabai, famosa devota de Kriṣhna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, neto de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e rexistrador da propiedade, foi deputado no Parlamento Galego por Alianza Popular (1981-1985), concelleiro de Pontevedra (1983), presidente da Deputación de Pontevedra (1986), vicepresidente da Xunta de Galicia (1986-1987) e presidente de AP en Pontevedra (1987-1991). Deputado no Congreso desde 1989, foi ministro de Administracións Públicas (1996-1999), ministro de Educación e Cultura (1999-2000), vicepresidente primeiro do goberno e ministro de Interior (2001-2002) e vicepresidente primeiro do goberno, ministro Portavoz e ministro da Presidencia (2002-2003). Membro do comité executivo do PP desde 1989, foi secretario xeral do partido (2003-2004) e en 2004 elixírono presidente nacional. Foi candidato á presidencia do goberno en 2004. Escribiu Administración única (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de India, situada entre o Indo e o Ganxes e dividida en dúas partes polos montes Arāvalli Parvata. Habitada polos rajputs no s VII, asediárona constantemente os sultáns de Delhi. Foi anexionada ao Imperio Mogol (1556), invadida polos marathas (1770) e convertida en protectorado británico en 1817. Dividida en numerosos estados principescos, dezanove deles englobáronse en Rājasthān (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador indio. Fundador do Brāhmo-samāj, era de familia brahmánica e traballou de novo en contacto con cristiáns, contacto do que xurdiu unha reforma do hinduísmo en sentido universalista. Publicou diversas obras relixiosas e traduciu ao bengalí os Upaniad (1814) e os Evanxeos (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e sociólogo. De orixe galega, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais na Universidad de Montevideo. Especialista en temas latinoamericanos, participou en diversas organizacións galegas e españolas en América. Escribiu Ideología, regiones y clases sociales en la España contemporánea (1963), Historia del movimiento obrero y social latinoamericano contemporáneo (1967) Sociología de América Latina (1970) e La Historiografía como ciencia histórica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO