"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Enredar unha persoa nun asunto que é alleo confundindo a xente.
-
Facer unha obra provisional sen cuidado de que poida esmendrellarse en calquera momento.
-
-
-
Taboleiro ou anaco de lona unido a dúas barras paralelas, que serve para levar cargas sobre o ombreiro entre varias persoas.
-
Aparello en forma de cama portátil destinado a mover enfermos, feridos, impedidos ou lesionados que necesitan urxentemente asistencia médica.
-
Aparello constituído por dous soportes ou traveseiros de madeira dispostos no lombo das bestas de carga para poderen transportar herba, palla, follas secas e outras cousas.
-
Instrumento de madeira, feito con táboas transversais con respecto a dous varais, usado para transportar cousas á man. Era empregada polos mariñeiros para transportar os aparellos ata os secadoiros e tendais situados nas praias. Utilízase no transporte de redes non excesivamente pesadas. Se eran aparellos enteiros e de maiores dimensións, o transporte facíase por parellas de mariñeiros con cadansúa angarella e dispostos da forma axeitada para transportalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de pesca, semellante á volanta, formado por un cordel e unha pequena pedra ou chumbo no extremo para que se manteña estirado. Emprégase para a pesca do congro, da faneca e do ollomol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Melide. As súas armas levan, sobre campo de goles, as angarellas de madeira que levan as bestas para transportar carga. Relacionados con esta caste están os Sangarellos.
-
-
-
Na Roma antiga, prestación forzosa que o estado impoñía aos cidadáns, consistente en transportar por terra bens mobles para a súa utilización por parte do estado.
-
Na época feudal, unha das prestacións persoais dos rústicos ou servos da gleba con motivo da terra que lles era censada.
-
-
En período de guerra, dereito de requisa que exercía un país belixerante respecto aos bens mobles estranxeiros, especialmente o dereito de requisa respecto a un barco dun país neutral, cando este se atopaba nas augas onde exercía a súa soberanía ese país belixerante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘estada’.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Irkutsk, Rusia, no val do Angara (267.000 h [1995]). Importante centro industrial e mineiro de Irkutsk-Čeremkhovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar co angazo, ben limpando herbas e follas ou achanzando un terreo.
-
-
Utensilio agrícola formado por un mango longo e delgado, cruzado nun dos seus extremos por unha travesa, en forma de peite, armada de dentes de madeira ou ferro, que serve para xuntar ou recoller palla, herba, estrume e broza.
-
Aparello de marisqueo que consiste nun mango cilíndrico de madeira, dunha lonxitude aproximada de 1 metro, rematado nunha peza rectangular de madeira, chamada cota, e cunha lonxitude de 30 centímetros; da cota saen os dentes de ferro, dunha lonxitude aproximada de 12 centímetros. Actualmente, os angazos máis comúns son os que teñen a cota e os dentes feitos nunha soa peza de ferro. A forma de traballar con este tipo de angazo é a pé, en zonas de praia de escasa profundidade e fondos areosos; rastréxase tirando cara a atrás polo mango, para provocar a saída á superficie do marisco. Aínda que fundamentalmente se emprega para capturar berberechos, tamén se utiliza para limpar as praias e viveiros dos restos de cunchas e algas. Os angazos de dentes máis longos empréganse para a captura da ameixa. O angazo foi considerado no século XIX como un dos aparellos de arrastre máis...
-
-
ILLAS
Illa de México, situada no Golfo de California, na costa oriental do estado de Baixa California (635 km2). Declarada Parque Natural, permanece deshabitada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal aparecida en Pontevedra en 1893 co subtítulo de “Revista enciclopédica destinada exclusivamente a la mujer, ciencias, literatura, higiene, modas, labores y conocimientos útiles”. Desapareceu probablemente en 1897. Dirixida por Sara E. Lorenzana Couto, editábase na imprenta da Unión Republicana. Colaboraban Roxelio Lois, con algún poema en galego, Xoaquín Olmedilla, a baronesa de Olivares, María da Concepción Jimeno e Xavier Valcarce, entre outros. Incluía informacións que contribuían á educación da muller sobre ciencias, literatura, hixiene, moda e beleza, labores e receitas de cociña. Recibiu a medalla de prata e diploma na Exposición Rexional de Lugo en 1896.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e retratista. A súa obra está estilisticamente moi vinculada ao Realismo; así mesmo, a temática é histórica. Participou na Exposición Xeral de Belas Artes en Madrid, onde presentou Un juicio de Dios en la Edad Media e Doña Leonor Téllez en vista del cadáver de su amante el Conde de Ourín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fervenza do río Churun, subafluente do Caroní, no altiplano da Güaiana. Está considerado o máis alto do mundo (810 m). A rexión e a fervenza foron exploradas por vez primeira no ano 1927 por Joan Mundó i Freixes e Feliu Cardona. Leva o nome do estadounidense J. C. Ángel, o primeiro piloto que a sobrevoou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santa (Desenzano, Lombardía 1474 - Brescia 1540) Fundadora da Compañía de Santa Úrsula (1535), coñecidas como ursulinas, aprobada no ano 1544, representou o inicio das congregacións femininas de vida activa. Foi canonizada pola Igrexa Católica (1807). A súa festa é o 27 de xaneiro.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Pampanga, Filipinas, na illa de Luzón, ao NO de Manila (276.000 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor formado en Granada e Madrid onde se relacionou coa Xeración do 27. No ano 1922 viaxou a París e integrouse no núcleo da Escola de París. Realizou os decorados para a estrea en Francia de El retablo de Maese Pedro, de Falla. A súa obra é de carácter marcadamente picassiano, pero tamén presenta algunhas influencias surrealistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor místico pertencente á orde franciscana. A súa obra literaria trata o tema do amor platónico e mostra un profundo coñecemento da filosofía clásica. É o autor de Triunfos del amor de Dios (1590) e Lucha espiritual y amorosa entre Dios y el alma (1600), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano renacentista, chamado tamén Pietro Angelo Bergeo. É o autor de Poesie amorose (Poesía amorosa, 1589), dunha tradución italiana do Edipo Rei de Sófocles e do poema épico en latín Sínada (1591).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e xesuíta italiano. Discípulo de Cavalieri, defendeu e mellorou o seu método dos indivisibles. Na súa obra destacan: De infinitorum spiralium spatiorum mensura (1660) e De infinitarium Cochlearum mensuris ac centris gravitatis (1661).
VER O DETALLE DO TERMO