"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Apelido de orixe patronímica formado a partir do nome persoal Vasco, que vén da forma prerromana velascus, máis o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’). Tamén se recolle coa forma castelá Velázquez.

    2. Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, catro estrelas de prata, de seis raios, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo cosido de azul, cargado de seis cunchas de vieira de prata, dúas en xefe, dúas en punta e unha en cada flanco. Outro trae, en campo de sinople, nove besantes de prata, colocados en tres faixas de tres. Outro, en campo de ouro, tres faixas de azul alzadas, sostidas dun T do mesmo, en punta. Outro, en campo de goles, un castelo de ouro. Outro, en campo de goles, un castelo de prata; bordo de azul, cargado de oito cunchas de vieira de prata. Outro, en campo de sinople, catro estrelas de ouro, de oito raios, colocadas unha en xefe, outra en punta, e unha en cada flanco, alternando con catro cunchas de vieira de prata, colocadas unha en cada cantón do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencais Económicas e catedrático de Desenvolvemento Rexional na Universidad Autónoma de Madrid, especializouse en desenvolvemento local e rexional dos ámbitos español e europeo. Asesor da UE, do Banco Mundial e doutros organismos, dirixiu o proxecto de planificación estratéxica de Vigo (2000-2001). Publicou Desarrollo local: una estrategia de creación de empleo (1987), Política económica local: la respuesta de las ciudades a los desafíos del ajuste produtivo (1993), Desarrollo, redes e innovación: lecciones sobre desarrollo endógeno (1999) e Las nuevas fuerzas del desarrollo (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Director do departamento de Latín e Grego na Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Comité internacional para o estudo dos textos médicos latinos de la Antigüedad e da Alta Idade Media. Realizou estancias como doutor na Université Paris IV (Sorbonne), na École Normale Supérieure e na École Pratique des Hautes Études. Das súas obras destacan El “De mulierum affectibus” del Corpus Hippocraticum. Estudio y edición crítica de la antigua tradución latina (1986) e, en colaboración, Corpus Historiographicum Latinum Hispanum Saeculi VIII-XII: Concordantiae, I-II (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Teoloxía Sistémica, estudou cinematografía e radiodifusión en Madrid. Foi director do Instituto Teolóxico Lucense e do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, secretario do bispo de Lugo e responsable do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Colaborou en varios xonais e dirixiu diversos programas relixiosos en RNE e COPE, e foi responsable de programación relixiosa en Radio Popular en Lugo. Membro do Instituto Enmanuel Mounier, publicou La solidaridad de Dios ante el sufrimiento humano: en la teología española contemporánea (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Especializado en elementos da natureza e paisaxes e aldeas de Galicia, en 1993 comezou un traballo de documentación dos Parques Naturais de Galicia. Publicou Positivado en Blanco y Negro (1985) e Las Rocas del Tiempo (1994), en que compara as rochas traballadas polo home megalítico con aquelas que sufriron a acción da natureza ao longo do tempo, e participou na obra colectiva Galicia, Terra Nai (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Coñecido como Manuel Barros, iniciouse como xornalista en Cuba nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo. Trasladouse a EE UU e logo a Bos Aires, onde traballou en El Correo Español e foi director de Revista Galaica e La Nación Española. Presidente do primeiro Centro Gallego de Bos Aires, escribiu prosa e poesía e publicou Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Iniciou a súa formación artística no Círculo das Artes de Lugo. En Madrid realizou os estudos de arquitectura técnica e foi profesor de debuxo (1966-1970). A súa obra evolucionou desde o realismo conceptual cara ao onirismo expresionista ata chegar a unha abstracción de formas insinuantes monocromas. Cultivou o gravado, a escenografía, a música, o cine e realizou en 1983 un gran mural por encargo do concello de Madrid (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Nito Contreras, formou parte do grupo musical Folk Cantigas (1968-1971) e en 1971 trasladouse a Roma para finalizar os estudos de filosofía na Universitá Gregoriana onde se licenciou en 1973. Alí comezou a súa formación artística que o levou á práctica da pintura mural na que evolucionou desde a figuración á abstracción ata chegar a tridimensionalidade. Participou dalgúns dos grupos artísticos alternativos que se desenvolveron en Roma nos anos oitenta, como Magazzini Generali, e foi un dos fundadores da revista Altrimmagine (1986). A finais desa década interesouse pola creación escultórica despois de participar en Borderland (1988), o encontro de artistas europeos de Praga (1990) ou no proxecto itinerante Volkerwanderung, que percorreu os circuítos artísticos de Alemaña. A súa obra escultórica céntrase na creación de formas simbólicas, nas que emprega materiais industriais ou de refugallo, baseadas nas formas primitivas que toma da súa terra....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Comillas e titulado en xornalismo (1967), traballou en publicacións periódicas, como Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). Tradutor de textos clásicos e da obra de Escrivá de Balaguer Camino, publicou La España ausente (1971), Quién es quién en la Iglesia española (1978), A Comarca do Deza (1989) e Vila de Cruces: la tierra de Carbia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. Catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Unversidade de Santiago de Compostela, dedícase ao estudo da cultura lusa e brasileira e á súa difusión en España. Elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, como Torga e Bandeira. Da súa produción destacan Gramática portuguesa (1940), Espanha ante o Ultimatum (1975), A poesía portuguesa actual (1976), A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988), Eça de Queirós: El mandarín (1990) e O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Recibiu a Medalla Castelao (1995) e é doutora honoris causa pola Universidade de Lisboa (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudou en Santiago de Compostela, onde fundou os xornais El Pensamiento de Galicia e El Pensamiento Galaico (1887). Foi deputado (1893-1919) e fundou o Partido Tradicionalista e El Pensamiento Español (1919). Sostiña que os tres puntais do tradicionalismo eran a unidade católica, a monarquía cristiá e a liberdade municipal. Propugnaba unha representación corporativista e, en política internacional, era partidario da federación con Portugal e do achegamento a América Latina. En Galicia participou en diversos actos rexionalistas. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Compuxo o soneto en galego “Respice finem”, dous epigramas en latín, un soneto en castelán e outro en que mestura o castelán e o latín, todos eles inseridos en Relación de las exequias que hizo la Real Audiencia del Reyno de Galicia... (1612), dedicado á Raíña Margarida de Austria tras o seu pasamento. Na composición en galego, de trazos horacianos, fala da morte e da fugacidade da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, V conde de Pallares. Doutor en Filosofía e Letras, en 1930 ingresou no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Foi vicedirector (1952) e director en funcións (1966) do Museo Arqueológico Nacional, conservador da sección de manuscritos da Biblioteca Nacional (1967) e vicedirector da Escuela de Estudios Medievales do CSIC. Das súas obras destacan La división de Wamba (1943), Las peregrinaciones a Santiago de Compostela (1948), Las donaciones sobre las presuras del obispo Odoario de Lugo (1950) e El camino de Santiago (1965). Foi numerario e anticuario perpetuo da Real Academia de la Historia e membro do Instituto Arqueolóxico Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residiu en Madrid e en París, onde coñeceu os compoñentes da escola de París e colaborou con A. Bourdelle na decoración do Théatre des Champs Élysées (1912). En 1919 estableceuse en Madrid, onde pintou influído por P. Cézanne e o cubismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Compostela, formouse como ebanista en varios obradoiros e asistiu á escola da Sociedad de Amigos del País e á Escola de Artes e Oficios. En 1918 trasladouse a Madrid. Especializouse na talla de animais e, o 1 de xaneiro de 1927, deuse a coñecer cando colocou unha chea de esculturas na escalinata do Congreso de los Diputados, o que lle permitiu días despois realizar a súa primeira exposición. En 1930 recibiu unha bolsa de viaxe da Deputación da Coruña e marchou a París. Durante a Guerra Civil uniuse ao Batallón de Milicias Populares de Galicia e foi escultor oficial da 11ª División de Líster. Realizou entón obras de contido político e diversos retratos como os de Líster ou Rafael Alberti, obras que se poden enmarcar no realismo socialista. Estivo en diversos campos de concentración de Francia e a finais de 1939 marchou á República Dominicana. En 1940 trasladouse a Puerto Rico onde dirixiu desde 1955 o taller de escultura do Instituto de Cultura Puertorriqueña....

    VER O DETALLE DO TERMO