"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Escritora neozelandesa. Coñecida como Katherine Mansfield, deuse a coñecer no grupo de Bloomsbury. Comezou publicando os seus relatos nas revistas Rythm e The Blue Review, e revelouse como unha escritora de estilo moi persoal e sensible, influída por Čekhov, no libro In a German Pension (1911). Escribiu, tamén, Bliss, and Other Stories (1920), The Garden Party, and Other Stories (1922), Poems (1923) e Something Childish, and Other Stories (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lanzar ao aire a alguén que se colocou sobre unha manta sostida por varios.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse en Padua, onde realizou interesantes experimentos coa perspectiva na decoración da capela Ovetari da igrexa dos Eremitani (1448-1451) e no retablo da Virxe da igrexa de San Zeno de Verona. Xenro de Iacopo Bellini, recibiu influencias dos pintores desta familia, reflectidas en La morte della Vergine ou Madonna col bambino. En 1460 foi chamado á Corte de Mantua, onde pintou San Sebastino (1476) e Orazione nell’orto e decorou a Camera degli sposi no palazzo ducale (1472-1474). Tras unha viaxe a Roma (1488-1490), fixo a serie Trionfo di Cesare para Federico Gonzaga, Madonna della Vittoria (1495) e Il Parnaso. Nos últimos anos pintou Cristo morto, estudo de anatomía que representaba un magnífico escorzo e a culminación do seu estilo. Como gravador foi un dos primeiros mestres do Renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
folerpar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Grecia na Arcadia oriental. No s VI a C, os seus habitantes uníronse á Liga do Peloponeso e participaron na loita pola hexemonía grega entre Esparta, Tebas e Atenas a carón desta última. Posteriormente a cidade pasou ao dominio dos romanos e o Emperador Publio Elio Adriano embeleceuna con numerosos edificios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba que serve para detectar a tuberculose.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama, drenado polo río Manzanares, onde forma o pantano homónimo (4.547 h [2001]). O castelo, residencia dos marqueses de Santillana e dos duques do Infantado, foi construído no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘cheminea’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘fumar’.
-
PERSOEIRO
Revolucionario suízo. Dedicouse á propaganda política, e en 1789 publicou Publiciste Parisien e L’ami du peuple, xornais en que defendía o seu radicalismo político. Identificouse coas necesidades do baixo pobo e converteuse en ídolo de masas de París. Formou parte dos Club dos Cordeliers e, máis tarde, dos xacobinos, onde inspirou e defendeu a intransixencia política fronte aos xirondinos. Foi membro do comité de vixilancia da Comuna de París e un dos responsables das matanzas do 10 de agosto e setembro de 1792. Foi deputado de París na Convención Nacional e continuou instigando ás masas da capital á acción revolucionaria. Exerceu un papel destacado na caída dos xirondinos, en xuño de 1793.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tempo desapracible e cambiante, en que se mesturan claros e chuvias, propio do mes de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer un tempo variable, propio do mes de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marcel Mangel.
-
PERSOEIRO
Militar francés. Foi oficial de infantería de Mariña desde 1889, e explorou diversos territorios de África Occidental e a rexión do alto Níxer, no interior de Costa de Marfil. En 1898 protagonizou o incidente de Fāshōda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Límite entre dous terreos.
-
Elevación de terra que queda entre dous sucos ao labrar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
marxear.
-
-
Movemento cíclico alternativo de ascenso e descenso do nivel da auga do mar, que se debe á atracción gravitatoria do Sol e, principalmente, da Lúa. O ciclo completo consta de dúas subidas e dúas baixadas da auga, cunha duración media de 24 h 50 min, que coincide co tempo que transcorre entre dous pasos consecutivos da Lúa polo meridiano do lugar de observación. A fase durante a que ten lugar a subida da auga recibe o nome de marea crecente ou marea enchente, e a fase durante a que ten lugar a baixada denomínase marea minguante ou marea baixante. Cando a auga chega ao final do seu ascenso, é dicir, ao nivel máximo, denomínase fluxo, marea alta ou marea chea, mentres que cando chega ao nivel mínimo denomínase marea baixa ou marea libre. A diferencia entre estes dous valores extremos de nivel da auga denomínase amplitude da marea, e o seu valor depende de factores astronómicos e xeográficos. Por outra...
-
Campaña ou actividade de pesca ou marisqueo, e o tempo que dura.
-
Cantidade de peixe que se recolle nunha xornada de traballo no mar.
-
ariación da presión atmosférica que se debe á acción do Sol e da Lúa. A marea atmosférica que se debe á atracción gravitatoria da Lúa é pouco importante. O Sol, sen embargo, orixina oscilacións de presión moi sensibles, porque a súa influencia gravitatoria únese aos efectos térmicos sobre a atmosfera.
-
Pequena variación diaria da declinación magnética de ata 14 min no verán e 9 min no inverno.
-
Capa errática de aceites pesados que cobre a superficie do mar ou de augas continentais a causa de vertedura de petróleo cru ou de gasóleo, xeralmente por accidente dun barco cargueiro, ou ben pola erupción de pozos petrolíferos mar a fóra. Ademais do perigo de incendio e dos prexuízos para os habitantes das zonas costeiras afectadas, existe o feito da alteración de todo o ecosistema mariño afectado, con consecuencias a curto e medio prazo. Os sistemas que se empregaron para eliminar as mareas negras son de diversa natureza: físicos, como a aspiración por matrices plásticas, coa posibilidade de recuperar tanto aceite como as matrices; químicos, especialmente coa aplicación de deterxentes tensioactivos que solubilizan as moléculas hidrófobas e as envían ao fondo, e biolóxicas, que consisten en aplicar cepas de microorganismos que degradan os compoñentes dos aceites pesados e que se reproducen rapidamente mentres queda aceite, e cando este se acaba, morren sen verse as augas afectadas. Desde...
-
Fenómeno que se produce en ambientes mariños costeiros e rías cando se eleva a concentración de dinoflaxelados, que provocan unha coloración vermella das augas superficiais. Estes organismos, que forman parte do plancto, desenvolven un tipo de toxina prexudicial para os consumidores, que é causado por unha serie de alteracións do medio, como poden ser o aumento de temperatura ou nutrientes, que provoca unha explosión demográfica. As mareas vermellas son importantes polos efectos tóxicos que poden ocasionar no caso de inxestión de moluscos lamelibranquios das zonas en que tivo lugar. O consumo de moluscos contaminados produce unha intoxicación que se caracteriza pola aparición de síntomas de parálise e problemas respiratorios. Estes moluscos contaminados non poden identificarse a simple vista, xa que o seu aspecto non varía; ademais, un só molusco pode conter toxina suficiente para ser letal nunha persoa, para o que non se ten tratamento nin antídoto. A cocción non destrúe a toxina, polo...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á marea.
-
-
-
Que ou quen profesa a arte de navegación ou que traballa no mar.
-
gremio de mareantes
Confraría de xentes do mar, que existiu desde a Idade Media ata o s XIX, que se encarga de rexer a vida mariñeira en diversos portos galegos.
-
-
Que causa mareo.
-
-
-
Causar mareo.
-
Molestar ou cansar a alguén obrigándoo a seguir moitos pasos para conseguir algo ou facendo que teña que atender moitas cousas a un mesmo tempo.
-
Ir tumbando a vela dunha nave, segundo os cambios que fai o vento.
-
Gobernar un navío.
-
Sufrir un mareo.
-
Cansarse alguén por seguir moitos pasos para conseguir algo ou por atender moitas cousas á vez.
-
Perder lixeiramente o sentido por efecto da inxestión de alcohol.
-
Estropearse as mercadorías no mar.
-