"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Gravado rupestre situado no lugar do Castro de Breixa, en Breixa (Silleda). Na rocha máis grande represéntanse dúas alabardas con mango, ambas as dúas con sinais dunha nervadura central. Tamén hai dous círculos concéntricos, que poderían corresponder á representación dun escudo, e varios puñais. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar duns 320 km de longo e 96 km de ancho, situado ao L do Ártico, entre o arquipélago de Parry, ao S, a illa Ellef Ringnes, ao L e a de Borden, ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do ciclo menstrual dos animais que precede á do celo e na que se produce o crecemento do folículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de protestar.

      1. Acción de reclamar contra algunha cousa.

      2. Reclamación formal contra un acto ou unha medida que se consideran ilexítimos.

      3. Documento onde consta a reclamación.

    2. Acción que os partidarios da doutrina de Martiño Lutero fixeron na Dieta de Spira en 1529 na que protestaron a súa fe ante o Emperador Carlos V. Orixinou o nome de protestantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol a partir de 1921. Foi voceiro dos sindicatos adheridos á CNT en Ferrol, onde se imprentou durante 1920 e no transcurso de 1921. Substituíu ao xornal La Lucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen protesta.

    2. Relativo ou pertencente ao protestantismo.

    3. Seguidor do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das confesións cristiás xurdidas da Reforma do s XVI ou influídas por ela. Esta designación provén da Dieta de Spira (1529), aínda que por razóns teolóxicas e históricas, algúns grupos consideraron mellor ser denominados evanxélicos ou reformados. Antes da Reforma houbo outros movementos que a anticiparon, comos os valdenses (s XII), os loardos de J. Wycliffe (s XIV) e os husitas (s XIV), e, con posterioridade, xurdiron as catro tradicións protestantes principais: luterana, calvinista, anabaptista e anglicana. Aínda que teñen diferenzas nas súas prácticas e doutrinas, coinciden no rexeitamento da autoridade do papa e a importancia concedida á Biblia, e á fe individual. Orixinariamente pretendían volver á doutrina e ás prácticas apostólicas, pero a separación da Igrexa Católica converteuse nun feito. Valórase a predicación da Palabra por riba do sacramentalismo e das cerimonias litúrxicas e consérvanse dous sacramentos: o bautismo e a eucaristía. Rexeitan a vida monástica,...

    2. Correntes teolóxicas protestantes, sobre todo luteranas, encamiñadas a conciliar a teoloxía coas ideas liberais dos ss XVIII e XIX, moi combatidas polas posicións tradicionais e ortodoxas. Partindo dun estudo do cristianismo como feito histórico e, con métodos exclusivamente históricos e filolóxicos, os primeiros teólogos liberais (D. F. Strauss, F. Ch. Baur, B. Bauer) baseáronse na filosofía da relixión de F. E. Daniel Schleiermacher, no romanticismo de F. W. Joseph von Schelling e no idealismo hegeliano. Os máximos representantes foron os discípulos de A. Ritschl, E. Troeltsch e A. von Harnack, un dedicado ás cuestións de historia cultural e social e outro máis sensible á historia dos dogmas. Ligadas a estas posicións hai diversas correntes máis recentes, como o escatoloxismo de A. Schweitzer, a Formgeschichte de M. Dibelius, R. Bultmann e H. Gunkel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar desacordo ou disconformidade con algo.

      2. Constatar formalmente o rexeitamento de aceptación e de pagamento dunha letra de cambio.

      3. Estender a protesta dunha letra ou talón nun documento notarial.

    1. Manifestar alguén disconformidade con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica ou contén unha protesta.

    2. Que ou quen protesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de protestar unha letra ou talón por falta de pagamento ou de aceptación.

    2. Documento notarial onde consta a acción de protestar unha letra ou talón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensación de materia interestelar, que constitúe a primeira fase da formación dunha estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto presentado polo Partido Republicano Democrático Federal de Galicia en 1887. Contou con 100 artigos divididos en XVI títulos en que desenvolvía o conxunto de principios básicos dun estado de carácter federal, autónomo e soberano dotado dun goberno baseado nun sistema democrático e republicano. Definiu a Galicia como un estado integrante da nación española. Establecía diversos dereitos fundamentais, o sufraxio universal, e a capacidade de autoorganización do Estado galaico. O seu ámbito territorial integraba as catro provincias, mantiña os modelos de organización local vixentes e baseábase na separación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial. O seu órgano de representación lexislativa era a Asemblea Rexional. Definiu tamén outros aspectos fundamentais como a facenda, o exército e a educación, e estableceu as atribucións dos municipios como entidades autónomas no seu ámbito de actuación. Non chegou a aprobarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente que ten a capacidade de producir efectos similares aos da proxesterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteroide con actividade de hormona sexual feminina, illado por primeira vez por Butenand en 1934 a partir de extractos do corpo lúteo de porcas preñadas. É unha hormona gonadotropa, que estimula a produción de estróxeno nos folículos de Graaf e a formación de testosterona nas células intersticiais dos testículos. Ten aplicacións médicas na preparación para a fecundación do epitelio vaxinal, a mucosa cervical e o endometrio, e tamén no mantemento do embarazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que ten acción proxestacional, é dicir, que produce no endometrio os cambios necesarios para facer posible a implantación do óvulo fecundado. En doses axeitadas, os proxestóxenos inhiben a ovulación, recibindo a denominación de anovulatorios. Os máis empregados en medicina, en combinación cos estróxenos, son o norxestrel, o linestrenol e a norestisterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cun estilo marcado pola paixón e o drama, da súa obra cómpre salientar Cuentos de niños para mayores (1993), os poemarios en castelán Silencios (1989) e Recuerdos (1990); e os poemarios en galego Choros (1979), que recolle gran parte da súa obra desde 1948; e Amenceres (1992), en que inclúe poemas con temas relixiosos e persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico e político. Doutor en Farmacia en 1860, foi catedrático de Materia Farmacéutica Vexetal na Universidade de Santiago de Compostela (1863), da que tamén foi decano (1865-1866, 1880-1888). En 1888 trasladouse á Universitat de Barcelona. Como político, situouse en posicións de esquerda republicana, que o enfrontaron co clero e cos sectores máis conservadores. En Santiago de Compostela foi presidente do Comité Republicano (1869) e presidente, durante a Primeira República Española, da Junta de Gobierno Democrática Republicana. Competiu electoralmente con U. Montero Ríos (1872). Fundou en Barcelona o xornal La alianza farmacéutico-médica e publicou Conferencias populares dedicadas a los obreros y aldeanos de Galicia (1869) e Fitología médica (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemática. Catedrática de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello científico do Instituto de Matemáticas desa universidade. É autora de Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica (1997), Métodos matemáticos en mecánica de sólidos (1999), Ecuaciones diferenciales (2000) e Métodos numéricos en ingeniería (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XIII en 1931 a Joaquín Quiroga Espín (Madrid 1880? -?). Sucedeuno en 1971 o seu fillo Joaquín Quiroga Díaz (? - Madrid 24.10.1983), II conde de Quiroga-Ballesteros. O seu sucesor foi o seu fillo Joaquín Quiroga Sartorius. Trae por armas escudo medio cortado e partido: 1º, de ouro, un carballo de sinople e base da mesma cor, cun lobo de sable pasante; 2º, de goles, cinco paus cortados ao pé de ouro; e 3º, de ouro, aciñeira de sinople e dous lobos de sable, pasantes, un diante e outro detrás; timbrado, con coroa condal.

    VER O DETALLE DO TERMO