"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Aparato para rexistrar a evolución da altura do nivel de auga, especialmente niveis de auga de ríos ou lagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. De linguaxe simbolista, dentro dun modernismo experimental, foi un dos impulsores do grupo literario Fyrtiotal. Da súa produción destaca Postum Ungdom (Xuventude póstuma, 1942), Mannen utan väg (O home sen camiño, 1942) e Vinteroffer (Sacrificio de inverno, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora sueca. De nome Astrid Anna Emilia Ericsson, obtivo un grande éxito como autora de literatura infantil coa creación de Pippi L<ngstrump (Pippi Calzaslongas, 1945), personaxe que adquiriu sona internacional. A ausencia de moral, a espontaneidade e o equilibrio entre a realidade e a fantasía caracterizaron as súas obras, que foron levadas ao cine e á televisión. Recibiu a Medalla Hans Christian Andersen (1958), o Premio Nacional de Literatura de Suecia (1957) e a Medalla de Ouro da Academia Sueca (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica radiolóxica que permite a visualización dos vasos e dos ganglios linfáticos mediante a inxección nos vasos de substancias de contraste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de diversas enfermidades caracterizadas pola aparición de granulomas ou lesións granulomatosas en diferentes ganglios do organismo, que aumentan de volume. As máis importantes son o linfogranuloma benigno, denominado tamén sarcoidose e o linfogranuloma maligno ou enfermidade de Hodgkin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • linfogranuloma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación das zonas de contacto articulatorio linguopalatal sobre a lingua. O método linguográfico, empregado sobre todo pola fonética experimental clásica, consiste no feito de pintar, xeralmente, un padal artificial, cunha emulsión que deixa trazos do contacto coa lingua despois dunha articulación simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estampación que se realiza sobre unha tea. Cóbrese a imaxe cun verniz especial para que o tecido quede transparente e, posteriormente, píntase pola parte posterior coas cores escollidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado que se realiza sobre un tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que resulta do fraccionamento electroforético das lipoproteínas do soro sanguíneo. Está constituído por catro bandas formadas, respectivamente, por quilomicróns, â-lipoproteínas pre-â-lipoproteínas e á-globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra literaria ou composición poética en que, por artificio retórico, se omiten intencionadamente todas as palabras onde aparece unha determinada letra ou grupo de letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á obra literaria ou composición poética que forma un lipograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi profesor da Universidade da Sorbona e director do seu Laboratorio de Investigacións Físicas. Inventou o electrómetro capilar (para medir a carga eléctrica), o celostato (dispositivo para manter fixa unha cámara e tomar fotos astronómicas de longa distancia), e creou o primeiro sistema de fotografía en cor. Estudiou a polarización das pilas e predixo o fenómeno da piezoelectrización do cuarzo. En 1908 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu procedemento para a fotografía en cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir por medio da litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de impresión baseado no fenómeno físicoquímico da repulsión que existe entre a auga e as materias graxas. Foi descuberto en 1798 por Aloys Senefelder. Contrariamente aos outros sistemas de impresión, tanto as partes impresas como as brancas están ao mesmo nivel, pois a base graxa sobre o debuxo é a que retén a tinta. É un sistema en desuso, substituído por outros máis rápidos e modernos (offset, fototipia, serigrafía e xerografía).

    2. Cada un dos exemplares que se obteñen polo procedemento litográfico. Enténdese por litografía orixinal cando o creador da obra debuxou directamente sobre a pedra.

    3. Taller onde se exerce a litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. En 1967 ingresou nos Setze Jutges e converteuse nunha das figuras máis populares da cançó catalana. Musicou poemas de Kavafis, Viatge a Ítaca (1975), Salvat-Papasseit, M. Martí i Pol, I amb el somriure, la revolta (1982) e Marius Torres. Da súa discografía destacan Campanads a morts (1977), Verges 50 (1980), T’estimo (1984), Astres (1986), Torna aviat (1991), Rar (1994), 9 (1998), Temps de revoltes (2000), Jocs (2002) e Junts, con Josep Carreras (2003) e as bandas sonoras de La forja de un rebelde (1990), de M. Camus, e Ladrón de Niños (1991), de Christian de Calonge. Recibiu o Premio Nacional de Música (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Gales (1258-1282), neto de Llewelyn I. En 1267 fíxose recoñecer príncipe de Gales polos ingleses. Someteu os príncipes galeses do N, pero foi finalmente derrotado polos ingleses. Ao negarlle a homenaxe a Eduardo I de Inglaterra, este atacouno e, tras vencelo, impúxolle o duro Tratado de Conway (1277). Coa súa morte rematou a independencia de País de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Gales, neto de Llywelyn ap Iorweth (1173-1240). Obrigou a Enrique III de Inglaterra a que o recoñecese príncipe soberano de Gales. En 1276 loitou con Eduardo I de Inglaterra a quen lle negou a homenaxe. Foi derrotado en 1277 e en 1282 volveu rebelarse cos outros nobres galeses, pero morreu na revolta, co que se puxo fin á independencia galesa.

    VER O DETALLE DO TERMO