"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
-
Papel que dá dereito a cambialo por unha cousa ou cantidade de diñeiro.
-
Entrada gratuíta para un espectáculo.
-
Nota asinada por unha persoa que se dá para acreditar que algo foi entregado e recibido.
-
Documento estendido a favor dunha persoa onde se fai constar a obriga que contrae, o que asina, de pagar unha determinada cantidade dentro do prazo fixado. Ten que ser estendido á orde e debe proceder dunha operación comercial.
-
Obrigación do estado cun xuro do 4% anual, emitida en 1780, durante o reinado de Carlos III de España, por suxestión de Francisco Cabarrús. Tiñan que ser aceptados polas caixas públicas e podíanse usar para todas clase de operacións, agás no pagamento de salarios e no comercio polo miúdo. A mediados so s XIX reconvertéronse noutros títulos de débeda pública.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o valor requirido para ser cambiado por determinadas cousas ou para ser admitido lexitimamente.
-
-
Persoa que protexe, axuda ou acode a outra.
-
Persoa que avala a outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alto comisonado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Supervisa, de oficio ou a instancia de parte, a actividade da administración da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes ou empresas públicas ou dependentes, e a da administración local nas materias competencia da Comunidade. É elixido polo Parlamento para un período de 5 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al que está situado nunha aba.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Cañiza baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de valer ou valerse.
-
Apoio ou protección que recibe unha persoa por parte doutra.
-
Calidade de valor.
-
Axuda prestada ao rei ou ao señor xurisdicional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 11 de decembro de 1813 na localidade francesa de Valençay entre Napoleón I Bonaparte e Fernando VII, que permitiu ao monarca español recuperar a liberdade e regresar a España.
-
CIDADES
Cidade do Delfinado, Occitania, capital do departamento de Drôme, Francia (64.260 h [1999]). Situada sobre un socalco da beira esquerda do Ródano, preto da confluencia co Isère. É un centro industrial moi activo con industrias químicas, de caucho, de electrodomésticos e de maquinaria de precisión. Cidade romana (Colonia Valentia), foi gobernada polos bispos de 1150 a 1456.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número que expresa a capacidade de combinación dun elemento químico con outros elementos. Está medido polo número de átomos de hidróxeno que se combinan cun átomo dese elemento. Ao hidróxeno atribúese a unidade.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Carabobo, Venezuela (742.145 h [2001]). Situada nunha chaira, a uns 5 km ao O do lago do mesmo nome, posúe industrias metalúrxicas, petroquímicas, da pel e do calzado.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, capital da Comunitat Valenciana (738.441 h [2001]). O predominio do regadío é case absoluto e condiciona a estrutura agraria e o réxime de propiedade. Baixo o signo da pequena empresa, a progresión da actividade fabril non se interrompeu ao longo dos anos. Sobresaen a madeira e os mobles, a fabricación de produtos metálicos, o papel e as artes gráficas, a confección téxtil e os produtos alimentarios e as bebidas. A localización industrial seguiu un proceso espontáneo e, malia conservar barrios de obradoiros no núcleo urbano, invadiu desordenadamente espazos periféricos. As artes gráficas e a fabricación de plásticos, o caucho, o vidro e a cerámica foron os sectores máis favorecidos polos investimentos. Décimo Xuño Bruto fundouna en 138 a C (Valentia) para instalar soldados licenciados e foi destruída en 75 a C durante a guerra entre Pompeo e Sertorio. No s IV foi cristianizada e en 304 foi martirizado san Vicente. No s V os bispos fixéronse cargo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunitat Valenciana, formada por 263 municipios (10.763 km2; 2.216.285 h [2001]). A súa capital é València. A provincia conta cunha concentración humana importante grazas á prosperidade agrícola das súas hortas, ao desenvolvemento industrial e ao crecemento dos núcleos urbanos. Entre eles destacan, ademais da capital provincial (738.441 h [2001]), os núcleos de Torrent (65.417 h [2001]), Gandía (59.850 h [2001]), Sagunt (56.471 h [2001]) e Paterna (46.971) h [2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade deportiva fundada en València en 1919. Xoga os seus partidos como local no campo de Mestalla e viste camiseta branca e pantalón negro. Gañou a Liga en 6 ocasións (1942, 1944, 1947, 1971, 2002 e 2004), 6 Copas do Rei (1941, 1949, 1954, 1967, 1979 e 1999), unha Supercopa de España (1999), dúas Copas de Feiras (1961 e 1962), unha Recopa de Europa (1980), unha Copa da Uefa (2004) e dúas Supercopas de Europa (1981 e 2004).
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (5.878 h [2001]). É un punto aduaneiro próximo á fronteira con Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León, á esquerda do río Esla (4.185 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé de Sierra Morena, no val do río Bodión (2.298 [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabé.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médica. Foi a primeira muller en Galicia en obter a licenciatura de Medicina, en 1925, na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Xinecoloxía, e obtivo o doutoramento en Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza. En 1931 apoiou os candidatos galeguistas e pediu o voto favorable no plebiscito para o Estatuto de Autonomía de 1936, o que sumado á súa relación coa esquerda, levou á súa detención e encarceramento durante a Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO