València
València
Provincia da Comunitat Valenciana, formada por 263 municipios (10.763 km2; 2.216.285 h [2001]). A súa capital é València. A provincia conta cunha concentración humana importante grazas á prosperidade agrícola das súas hortas, ao desenvolvemento industrial e ao crecemento dos núcleos urbanos. Entre eles destacan, ademais da capital provincial (738.441 h [2001]), os núcleos de Torrent (65.417 h [2001]), Gandía (59.850 h [2001]), Sagunt (56.471 h [2001]) e Paterna (46.971) h [2001]).