"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
REXIÓNS
Rexión histórica ao S da República Sudafricana que, dende a aprobación da Constitución provisional de 1997, se dividiu en tres provincias: Cabo Occidental, Cabo Oriental e Cabo Setentrional. O Cabo Occidental (129.370 km2; 4.118.000 h [1996]) ten a capital en Cidade do Cabo. O seu relevo está constituído por cadeas montañosas de dobramento, paralelas ao litoral. O clima e a vexetación son de tipo mediterráneo. Entre os núcleos de poboación destaca Worcester. A agricultura é a principal actividade económica, destacando a viña, os cereais e os cítricos. O Cabo Setentrional (361.830 km2; 746.000 h [1996]) ten a súa capital en Kimberley. O relevo está formado principalmente por un conxunto de altiplanos interiores, drenados polo río Orange e polos seus tributarios. O clima presenta certa aridez. Son de grande importancia os xacementos mineiros, concretamente os diamantes en Kimberley e o cobre en Postmasburg. O Cabo Oriental (169.580 km2; 5.865.000...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento Norte, en Haiti, situada na costa setentrional (100.638 h [estim 1995]). A súa principal actividade económica é a agricultura, con produción de cacao e café principalmente. Fundada en 1670 polos franceses, foi capital da colonia ata 1770. Henri Christopher deulle o nome de Cabo Henri e converteuna en capital do seu reino (1811-1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da facción dirixida polo gremio dos carniceiros que dominou París durante a primavera e o verán de 1413. A denominación proviña de Caboche, alcume dun dos seus xefes, Simon Lecoustellier. A facción militaba no partido borgoñón e esixía a reforma da administración real e sufraxios para nomear as autoridades políticas. Lograron que fose aprobada unha ordenanza chamada cabochienne.
-
-
Relativo ou pertencente aos caboclos.
-
Mestizo de indio e de branco do Brasil.
-
-
-
Aniversario do pasamento dunha persoa.
-
Cerimonia de carácter funerario que se celebra ao ano seguinte de falecer unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido composto formado a partir das voces cabo + de + vila. Documéntase no s XV: “Lourenço de Cabodevila” (doc ano 1422 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 366).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morea ou feixe de herba seca.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente as cabombáceas.
-
Planta da familia das cabombáceas.
-
Familia de plantas acuáticas tropicais da orde das ninfais, con rizomas, follas longamente pedunculadas e flores trímeras con carpelos libres.
-
-
-
Apeiro de labranza formado por un mango longo e delgado, cruzado nun dos extremos por un traveseiro con oito ou dez pugas de madeira ou ferro a xeito de dentes, que serve para recoller herba, palla, betume, etc, ou para achandar a terra.
-
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘dente’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de natural de Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, un cabón.
-
-
Forma de relevo provocada pola incisión das augas torrenciais. Prodúcese en medios áridos, sobre rochas brandas situadas en pendentes fortes, onde a cuberta vexetal é rara ou incluso inexistente.
-
Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo sudoccidental da península do Barbanza, no litoral da parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), situada ao S da enseada de Corrubedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inclusións en forma de anel, propias dos eritrocitos, constituídas polos residuos da membrana nuclear, descritas en 1905 polo médico norteamericano Richard Clarke Cabot (1868-1939).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Atlántico do norte, entre as illas de Terranova e do Cabo Bretón, que comunica o golfo de San Lourenzo co Océano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navegación mercantil ou tráfico marítimo que se realiza de porto a porto seguindo a costa. A distinción entre a cabotaxe e a navegación de altura tivo unha orixe e unha finalidade fiscais. Tradicionalmente, moitos estados limitaron o dereito a cabotaxe aos navíos que levasen a súa bandeira. Esta limitación, no caso español, presenta unha particularidade ao distinguir a normativa específica entre a gran cabotaxe, dedicada ao tráfico internacional e a cabotaxe nacional, limitada ao tráfico efectuado entre os portos da Península Ibérica ou os da Península e Marrocos.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador. En 1496 obtivo de Enrique VII de Inglaterra permiso para realizar, xunto aos seus tres fillos, unha viaxe de descubrimento e ocupación. Aínda que quería establecer unha ruta polo norte para chegar a Xapón, na súa viaxe chegou á costa oriental de Grenlandia e á Península de Labrador. O rei concedeulle o monopolio comercial das terras conquistadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e cartógrafo. Fillo de Giovanni Caboto, participou canda el nas expedicións de América do Norte. Foi cartógrafo de Enrique VIII e no 1518 Carlos V nomeouno piloto maior. En 1544 fixo o planisferio que se conserva na Bibliothèque National de París. Foi o primeiro en penetrar no estreito e na baía de Hudson. Descubriu o río de la Plata e explorou parte dos ríos Paraná e Paraguay. En 1548 volveu a Inglaterra ao servizo de Eduardo VI, fundou en Londres (1551) unha compañía para o comercio con Moscova e organizou expedicións para chegar a Oriente polo nordeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Buraco que se practica na pedra, barrenándoa, onde se mete a pólvora ou dinamita destinada a rompela.
-
Cavidade natural ou artificial feita nun terreo.
-
Furado onde xira o rodicio nos muíños fariñeiros.
-