"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editora de xornais comarcais fundada en 1997 e dirixida por Manuel Casal. Inserida no Grupo Líder, xunto con Radio Líder e o xornal dixital Galiciadiario.com, o primeiro xornal comarcal de RGP foi El periódico de Las Mariñas (1997). A esta publicación seguíronlle El Periódico de Bergantiños (1997), El Periódico de Lalín e Comarca (1998), El Confidencial de Xallas-A Barcala (1998), El Confidencial de entre rías Noia-Muros (2003) e El Confidencial de Costa da Morte (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de radioscopia que utiliza dous tubos de raios X para obter dúas imaxes que dean unha sensación de relevo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos complexos que se manifestan por unha determinada sensibilidade do organismo humano ás radiacións emitidas ou absorbidas polos obxectos que ten preto. Os instrumentos utilizados son a variña e o péndulo; as radiacións dos obxectos provocan a torsión da variña ou a oscilación do péndulo. Foi utilizada para detectar correntes de auga subterráneas e veas metalíferas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en radioestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado inicialmente a certas radiofontes, como os quásar, que se cría que eran estrelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual que convoca a Deputación da Coruña desde 1991, coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, en lembranza do autor rianxeiro, para autores que presenten obras inéditas e non premiadas, escritas en lingua galega. Dos galardoados, cómpre salientar Roberto Vidal Bolaño, con Doentes (1997) e Días sen gloria (1992); Xavier Lama, con O serodio remordemento do amor (1995); e Gustavo Pernas Cora, con Footing (2001).
-
PERSOEIRO
Conde de Barcelona (1076-1082), fillo de Ramón Berenguel I e irmán de Berenguel Ramón II. Aínda que segundo o testamento do pai os dous irmáns tiñan que reinar en igualdade de condicións, a situación real era dunha certa preeminencia súa. Barcelona, Urgell e Lleida loitaron contra Zaragoza e a consecuencia diso o perigo islámico cesou. En 1079 repartiuse co seu irmán a cidade de Barcelona coas terras, castelos e casas das proximidades. As funcións soberanas permaneceron sen dividir. Acordaron tamén que loitarían conxuntamente contra os sarracenos en 1081, aínda que finalmente non o fixeron. En 1082, no camiño de Barcelona a Girona foi asasinado por uns descoñecidos, que quizais fosen os seus propios acompañantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Álceme (Rodeiro). O seu cumio acada os 580 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de anestesia rexional que consiste en inxectar no espazo subaracnoídeo unha substancia que produce a anestesia do territorio innervado polos nervios raquídeos en contacto con esta substancia.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Alumno de Mierevelt en Delft, estableceuse na Haia, onde retratou a aristocracia, a miúdo con atributos guerreiros. Nas súas obras destaca a súa gama cromática cálida sobre un fondo de negros e brancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual ilustrada fundada en 1922 en Pleasantville, preto de Nova York, por De Witt Wallace e Lila Acheson Wallace. Inclúe unha recompilación de artigos, de temática variada, aparecidos na prensa mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada na Coruña en 1849. Creouse como Academia Provincial de Bellas Artes e desde 1913 instalouse no edificio do Real Consulado do Mar. Baixo o seu patrocinio naceron o Museo Provincial de Belas Artes e a Escola de Artes e Oficios da Coruña. Desde o 12 de xullo de 1916 ostentou o título de Real, desde o 14 de abril de 1947 someteuse oficialmente baixo a advocación da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña e en 1984 modificou a súa denominación pola de Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Desde 1986 integrouse no Instituto de España como academia asociada. Consta das seccións de Pintura e Gravado, Arquitectura, Escultura, Música e Amantes da Arte. O seu regulamento facultouna como institución oficial consultiva da Administración para actuar en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, así como promover e realizar estudos de investigación e promocionar o desenvolvemento das manifestacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cuartel de artillaría da Coruña que se converteu en 1994 en sede do reitorado da Universidade da Coruña. Construído en 1752 tiña planta rectangular e en 1771 remodelouse adquirindo unha planta poligonal irregular e dúas alturas. Conta cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares. Está rodeado dun parque e xardíns que acollen os cimentos do antigo convento de San Domingos destruído por F. Drake en 1589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reestrear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olver estrear algo, especialmente un filme ou unha obra de teatro.
-
-
Acción e efecto de reestruturar.
-
Proceso de adecuación dun sector produtivo, mediante unha nova combinación de factores, para obter máis produtividade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificar ou crear unha nova estrutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repoboación do bosque mediante a plantación de árbores. OBS: Tamén se denomina repoboación forestal.