"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Calidade de subnormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Xornalista en Berlín, escribiu teatro, como Die Ehre (O honor, 1889) ou Heimat (Patria, 1893), novelas, como Frau Sorge (1887), e narracións, como Litauische Geschichten (Historias lituanas, 1917), ademais da autobiografía Bilderbuch meiner Jugend (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos suiformes.

    2. Mamífero da suborde dos suiformes.

    3. Suborde de mamíferos, da orde dos artiodáctilos, coa dentadura completa con incisivos superiores e cairos, extremidades rematadas en catro dedos, cada un envolto por un pezuño e pel grosa, cun panículo adiposo considerable e con poucos pelos. Non teñen cornos e o seu estómago non está dividido en cámaras, polo que non presentan ruminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación dun corpo en que a relación entre os eixes de simetría pasa a ser de 2:1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo estéril cunha anomalía nos cromosomas, que consiste no feito de ser portador de tres grupos de autosomas e un só cromosoma X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de fición, protagonista dunha banda deseñada feita por J. Siegel e J. Shuter (1938), que foi utilizado como voceiro da ideoloxía estadounidense durante a Segunda Guerra Mundial. Posuía propiedades sobrehumanas e o mineral kriptonita era o seu único punto feble. En 1978 adaptouse por primeira vez para o cine nun filme dirixido por Richard Donner e protagonizado por Christopher Reeve e Margot Kidder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento comercial de autoservizo onde se vende toda clase de produtos de consumo relacionados coa alimentación e o uso doméstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mortalidade de carácter especial que afecta a certos grupos dunha poboación dunha maneira sistemática ou excepcional. No primeiro caso, é típica a supermortalidade masculina que afecta a todos os homes a pesar da superior taxa de masculinidade da natalidade. No segundo caso, trátase de aumentos súbitos da mortalidade a causa de epidemias, catástrofes ou fame, coñecidas como mortalidades catastróficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor suízo. Destacou polas súas pezas neoclásicas, con influencias de H. Pfitzner, C. Orff e P. Hindermith, e polas composicións teatrais Raskoinikov (1947), Séraphine (1960) e Madame Bovary (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresión que dá a viscosidade dinámica ìt dun gas a unha temperatura t (expresada en °C) cando se coñece a viscosidade dinámica ì0 deste gas a 0°C. Escríbese:

    FORMULA
    se denomina número de Sutherland, que oscila entre 100 e 500.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en París, -na Académie Julien- onde se estableceu ao redor de 1906, aínda que desde 1908 regresou esporadicamente a Galicia e participou nas exposicións rexionais. Na súa obra, de forte riqueza cromática, recolleu todos os postulados impresionistas, especialmente nas súas paisaxes (O piñeiral de Ecuina e Mariña, 1913). Tamén destacan as súas pinturas naturalistas (Nu, 1891 e 1914) ou as composicións idílicas (Idilio vasco,1920; O pastor). Recibiu a segunda medalla no Salon dos Champs-Élysées (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tarsiformes.

    2. Mamífero da suborde dos tarsiformes.

    3. Suborde de mamíferos, da orde dos primates, coa cabeza redondeada, o corpo tamén redondeado, as orellas anchas e membranosas, os ollos enormes, a cola moi longa e pelada, excepto na punta, e as extremidades posteriores moi alongadas por ter un tarso moi desenvolvido, adaptado ao salto. Os dedos son longos e delgados, co extremo aplanado e provisto dun disco adhesivo que permite ao animal trepar por superficies lisas. A pelaxe é laúda e curta. Son animais estritamente arborícoras e nocturnos, propios das zonas de matogueiras e das selvas de Insulindia e Filipinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Fórmula que dá a solución da ecuación de terceiro grao ax3 +bx2 +cx+d=0 para coeficientes a, b, c e d reais. A substitución da incógnita x pola incógnita auxiliar y tal que x=y-b/3a converte a ecuación nunha do tipo y3 +py+q=0, cuxas raíces se obteñen pola fórmula de Tartaglia a partir dos novos parámetros p e q:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de preparar os animais mortos, desecándoos, para que conserven a aparencia de vivos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á taxidermia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Fundador do Instituto Superior de Arte Dramática, que co tempo adoptou o seu nome, comezou a súa produción cun poemario, Verzen (1900). Escribiu dramas teatrais, como De vertraagde film (O filme retardado, 1922); e novelas, como María Speermalie (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • telemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (5.790 km2; 436.025 h [2002]). A súa capital é Alexandria (58.651 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme Tell.

    VER O DETALLE DO TERMO