suiforme
suiforme
(< lat sus, suis ‘porco’ +-forme)
-
adx
Relativo ou pertencente aos suiformes.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da suborde dos suiformes.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Suborde de mamíferos, da orde dos artiodáctilos, coa dentadura completa con incisivos superiores e cairos, extremidades rematadas en catro dedos, cada un envolto por un pezuño e pel grosa, cun panículo adiposo considerable e con poucos pelos. Non teñen cornos e o seu estómago non está dividido en cámaras, polo que non presentan ruminación.