súido -da
súido -da
(< lat sus, suis ‘porco’ + grε→δος ‘forma’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos súidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos súidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos, da orde dos artiodáctilos, co morro alongado, carnoso, truncado e de contorno circular, en cuxo extremo se abren os orificios nasais, con dous ósos especiais e provisto de cartilaxes que envolven os orificios. Son omnívoros, aínda que se alimentan preferentemente de vexetais, froita, fungos e pequenos animais. A esta familia pertencen especies como o porco, o xabaril común e o xigante, e a babirusa.