"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña, delimitado polo land de Renania do Norte-Westfalia ao N, o de Hessen ao L, o de Baden-Württemberg ao SL, Alsacia e Saarland ao S e Luxemburgo ao O (19.847 km2; 4.059.000 h [2003]). A súa capital é Maguncia. É un dos länder máis rurais, aínda que tamén hai importantes zonas industrializadas. Entre os principais cultivos destaca o da vide, cunha produción que corresponde a máis das tres cuartas partes da produción alemá. As zonas vitícolas son o val do Rin e o do Mosela. Tamén son importantes os cultivos de patacas, remolacha e cereais. Dentro da actividade industrial, o sector máis importante é o químico.
-
-
Relativo ou pertencente a Renania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Renania.
-
-
MACIZO
Macizo herciniano situado ao NO de Alemaña. Prolongación das Ardenas, é un espazo compartimentado que se divide no Taunus (880 m), o Hunsrück (818 m), o Westerwald (657 m) e o Eifel (1.000 m). O Rin e algúns dos seus afluentes córtanse cunha serie de profundas corgas. Está formado por materiais depositados durante o Primario no sinclinal anglo-xermánico. Predominan as rochas cristalinas e metamórficas, como xistos, gres e calcaria. Desde o punto de vista humano, os vales, con solos a miúdo fértiles, constitúen sectores poboados e ricos, en contraste cos sectores de altiplanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Ferrara (1534-1559), filla de Luís XIII de Francia. Foi discípula de Lefèvre d’Etaples e adheriuse á Reforma. En 1559 trasladouse a Francia onde colaborou cos hugonotes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Anjou 1607 - Andagaron, Canadá 1642) Mártir francés. Foi cirurxián e estivo ao servizo dos xesuítas na evanxelización dos huróns en Canadá. Morreu torturado polos iroqueses e canonizárono xunto cos mártires canadenses. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Sorrento, Nápoles ?) Bispo de Angers. Morreu antes do bautismo por culpa involuntaria do bispo de Angers e a tradición di que sete anos máis tarde o mesmo bispo o resucitou. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, fillo do pintor Pierre-Auguste Renoir. En 1924 dirixiu La fille de l’eau e en 1926 adaptou a novela de É. Zola Nana, onde reflectiu unha influencia naturalista que comparten outros filmes da primeira época. Posteriormente dirixiu La chienne (1931) e Madame Bovary (1934). En 1934 realizou Toni, considerada o precedente do neorrealismo italiano e que lle permitiu comezar a súa etapa máis brillante, que plasmou en La grande illusion (1937), La Marsellaise (1938), La bête humaine (1938) e La règle du jeu (1939). Exiliado en Hollywood, dirixiu The Southerner (1945, Premio do Festival de Venecia 1946). Da súa última etapa destacan Le carrose d’or (1952), French Can-Can (1954), Le Déjeuner sur le herbe (1959) e Le carporal épinglé (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político conservador e monárquico fundado a partir de Acción Nacional en marzo de 1933 en Madrid. Estivo constituído por Antonio Goicoechea, Xosé Calvo Sotelo e Pedro Sainz Rodríguez, entre outros. Participou na sublevación do 18 de xullo de 1936. En Galicia está vinculado ao seu líder X. Calvo Sotelo. Na lexislatura 1933-1936 acadaron 7 actas de deputado: 3 por Ourense, 2 pola Coruña e 1 por Lugo e Pontevedra; e na lexislatura 1936-1939 acadou xunto co Bloque Nacional 3 deputados pola provincia de Ourense e 1 pola de Pontevedra.
-
PERSOEIRO
Militar. Durante a Guerra da Independencia participou na defensa de Zaragoza e posteriormente comandou unha guerrilla contra os franceses. Involucrado nunha conspiración antiabsolutista, marchou a La Habana, onde foi aprisionado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo alemán. Estudou as condicións de especialización climática nos animais, a fauna das illas da Sonda, a psicoloxía animal e a filosofía natural. Escribiu Evolution Above the Species Level (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi abade mitrado de Villafranca del Bierzo e bispo de Lleida entre 1819 e 1824. Opúxose ao sistema constitucional e, detido como represalia pola invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), foi desterrado a Málaga e despois a Tortosa. Unha vez restablecido o absolutismo, reuniu nun volume os seus escritos anticonstitucionais. En 1824 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen renuncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reorganizar ou reorganizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen reorganiza.
-
-
olver organizar algo de xeito igual ou diferente a como estaba.
-
olver organizarse un grupo ou colectividade cunha finalidade concreta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coller os restos ou todo o que se poida dunha cousa pretendendo que non quede nada.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi perseguida en tempos do Emperador Decio (249-251) e martirizada en Cesarea de Palestina. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de replantar.
-
-
olver plantar árbores ou plantas nun terreo.
-
Transplantar unha planta ou unha árbore.
-
-
-
Que representa.
-
-
Persoa que representa a outra, que a substitúe no exercicio dos seus dereitos ou no cumprimento dos seus deberes.
-
Persoa física e xurídica que ten, en exclusiva, a atribución de facer contratos de compravenda en nome dunha determinada entidade económica ou comercial.
-
-