Renano, macizo xistoso

Renano, macizo xistoso

Macizo herciniano situado ao NO de Alemaña. Prolongación das Ardenas, é un espazo compartimentado que se divide no Taunus (880 m), o Hunsrück (818 m), o Westerwald (657 m) e o Eifel (1.000 m). O Rin e algúns dos seus afluentes córtanse cunha serie de profundas corgas. Está formado por materiais depositados durante o Primario no sinclinal anglo-xermánico. Predominan as rochas cristalinas e metamórficas, como xistos, gres e calcaria. Desde o punto de vista humano, os vales, con solos a miúdo fértiles, constitúen sectores poboados e ricos, en contraste cos sectores de altiplanos.